Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Cronista para Lugo

jueves, 02 de septiembre de 2004
O Concello de Lugo leva perto de dez anos sen cronista oficial, desde o pasamento do lembrado Xosé Trapero Pardo.

No anterior mandato, por discrepancias entre Psoe e Bng que conformaban o goberno do concello, non foi posible nomear Cronista, pero coa actual situación na que o Psoe goza de maioría absoluta parece querer solucionar o tema.

E non se lles ocorre mellor xeito de facelo que convocando un concurso do que sairá unha terna sobre a que decidirá o concello.

Pero resulta que para ser Cronista oficial de Lugo -ademáis de residir na cidade- requírense unhas certas cualidades que -poñamos por caso- teñen media ducia de persoas. Cando se faga pública a relación de posibles, e só se escolla un aínda que os demáis teñan méritos sobrados, ¿como quedan diante dos demáis e deles mesmos?.

¿Por que non decide o goberno do Concello, e nomea responsablemente unha persoa da súa confianza?.

A fin de contas o da terna era o sistema que utilizaba don Francisco Franco para designar os bispos que lle interesaba para as dioceses españolas de acordo co Concordato co Vaticano.

O de ser Cronista dunha cidade é algo demasiado importante como para que se convirta nun xogo político. Gobernar ten as súas vantaxes e algún inconvinte. Gobernen, con tódalas súas consecuencias e nomeen alguén da corda, pero sen mancar a ninguén.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES