Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non hai pan para tanto chourizo

Cardalda, Theo - viernes, 24 de junio de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO

O domingo pasado día 19, foi unha data histórica neste país, mozos, non tan mozos, xubilados e antigos combatentes antifranquistas, todos xuntos reclamando unha democracia que nola están “birlando” co silencio cómplice de moitos políticos, empregados en arranxar liortas, querelas, corruptelas persoais e repartíndose “cargos” como se foran churros, esquecéndose de sacar á sociedade da miseria moral na que nos meteron. Temos que dicirlle a esta xente mediocre que gobernan a toque de corneta do que digan os “mercados” e a banca: ¡basta xa!.

As manifestacións foron escrupulosamente pacificas, demostrando unha actuación cívica exemplar. Non en tanto, é moi perigoso para os que están no poder (político e económico), xa que non poden reprimir coa forza bruta cando vaise en forma pacífica. Temos que ser moi precavidos. Cuestionar o sistema non é ningunha “coña”. Este poder non quere ser cuestionado, tendo o aparato represor do estado a súa disposición. Coa miña pequena experiencia antifranquista, sei como actúan, fixérono milleiros de veces, e volveran facelo.

Os medios escritos, e audiovisuais manipuladores trataran de votarnos enriba aos diaños e comezaran os “tertulianos” sicarios das negras sombras a votar serpes polas ondas, para desta maneira demonizar este movemento do 15-M.

¿Quen pode estar en contra dunha democracia mellorada?. Ten que quedar moi claro quen son os violentos, a montaxe mediática que se fixo en Barcelona na acampada estaba servido polo “sheriff” Felip Puig intentando demostrar o espírito antidemocrático dos indignados, cousa que foi desmontada ao detectarse a policías vestidos de paisano.

Tamén este día, malia ser contra o pacto do euro, foi de indignación e unidade contra os banqueiros, os grandes empresarios tiburóns que xamais se fartan de acadar beneficios con salarios de miseria e contra os especuladores que están arruinando países con tal de enriquecerse sen ver as funestas consecuencias.

Se berrar “no hay pan para tanto chorizo” é antidemocrático, eu son indignado e antidemocrático.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES