Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tradutore: traditore

viernes, 24 de junio de 2011
Un vello aforismo italiano proclama que, en definitiva, traducir é traicionar, porque ningún tradutor poderá interpretar con toda fidelidade un texto para verquelo a outro idioma. E eso que ata moi pouco os tradutores eran humanos, e non máquinas como na actualidade.
Con esto de ser bilingües, a moitos que se dedican á escrita cómprelles ó remate do escrito pasarlle un corrector para comprobar se a ortografía é a correcta ou sometelo a un programa automático de tradución, para obtelo no idioma pretendido que ás veces non coincide co inicial.
Así, nun xornal lucense eu téñome sorprendido ao comprobar que podía chamarme “Julio Tiza”, aínda que para algúns especialistas sexa ben dubidoso que o meu primeiro apelido teña esa significación. Pero hai uns días, nunha información que ese mesmo diario proporcionaba sobre a xornada “O bosque sagrado de Lugo” facíase un verquido da información en cástelán para a web onde o meu amigo Alfonso Blanco Torrado pasaba a chamarse “Alfonso Blanco Achicharrado” e un lugar tan simbólico da Terra Chá como “As Penas de Rodas”, pasaba a chamarse “Penas de Ruedas”.
Vese que alguén avisou da desfeita, e na mesma mañá en que se publicou a información foi corrixida, pero unha páxina chairega que confesa obter a información dese medio informativo mantiña o erro tempo despois.
Eso xa non é a traizón que os italianos observaban no traballo dos tradutores. As máquinas poden ser perfectas para as matemáticas, onde se supón que non hai matices. Pero para algo tan delicado coma a linguaxe fai falla o intelecto da persoa para non traizoar demasiado o significado orixinal.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES