Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esmoleiros de Castro de Rei

viernes, 24 de junio de 2011
Os esmoleiros da Terra Chá e as súas vinculacións con algúns santuarios chairegos

CONCELLO DE CASTRO DE REI.

1. O ESMOLEIRO DE O SALVADOR DE VALMONTE.
Está situado nunha estrada local, que pasa ao carón do castro de Viladonga (Castro de Rei) e, logo, ao carón do esmoleiro, que se atopa na parte traseira da igrexa parroquial de Valmonte.
O petitorio, no seu conxunto, é de cachotería. Desde un punto de vista arquitectónico podemos distinguir nunha orde ascendente tres corpos. Un corpo inferior, que é a base do monumento. Presenta nos seus flancos unha molduración cóncava; un corpo medio, onde se atopa a ara do esmoleiro, formada por un paralelepípedo cuadrangular de cachotería; e un corpo superior, disposto en tres tramos de esquerda á dereita. Os laterais, de forma cúbica; e o central, troncopiramidal cun fornelo arqueado na súa parte superior e cun oco, que non amosa ningunha imaxe no intre actual. Mais hai bastantes anos, segundo a Sra. Lola de Xacinto, había unha imaxe pequena pétrea. Sen embargo esta versión carece de obxectividade, xa que outras persoas, de idade, que viviron nesta parroquia, manifestan que non recordan dita imaxe, mais teñen referencia de que este petitorio foi construído con motivo dunha misión, que houbo nesta parroquia a mediados do século XIX.
Por riba dos tres tramos atópanse uns enfeites, que reciben o nome de obeliscos. Presentan tres elementos. O inferior, de forma cúbica; o mediano, cunha molduración cóncava “en escocia”; e o superior, tendente á troncopiramidalidade.

2. O ESMOLEIRO DAS ANGUSTIAS (SANTA OLAIA DE DUMPÍN).
Trátase dun pequeno petitorio de cantería, situado no barrio de Santalla do Medio (Dumpín), e ao carón da “Casa de Abelleira”, propiedade de Serafín Trapero Pardo. Foi construído por Gregorio Fernández, veciño da parroquia de Dumpín e, pertencente a “Casa de Valente”, no ano 1888. A obra, colocada por riba dun valado, presenta os seguintes elementos nunha orde ascendente. Unha base, de estructura paralelepípeda irregular, sobre a que se levanta outra prismática cuadrangular, que remata nunca cuberta a dúas augas, coroada por unha cruz metálica, de dobre sección a nivel lonxitudinal e transversal e, de forma latina. Na parte dianteira do esmoleiro hai un fornelo, resguardado do exterior por un cristal e unha reixa metálica, provista dalgúns barrotes de ferro. No seu interior acubíllase unha imaxe pequena de madeira da Virxe das Angustias. Este esmoleiro é propiedade da “Casa dos Seoane” de Castro de Riberas de Lea. De tódolos xeitos, os membros da “Casa de Abelleira”, son os que cuidaron desde hai moitos anos este petitorio.
Nicanor Rielo Carballo fai referencia a este petitorio do seguinte xeito: “ En la aldea de Santalla do Medio, sobre una pared, existe una hornacina con una pequeña imagen de las Angustias, repintada, sin mayor mérito ni antigüedad…”.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES