Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desexos dun sono tranquilo

jueves, 23 de junio de 2011
Estou canso de andar por entre as penurias dunhas estradas cheas de fochancas a causa dunhas ideas que non saben flotar polas augas das adversidades.

Quero sentarme ante uns fentos que me miran de mala maneira e a pedra na que quero deixar caer a miña conciencia desprázase uns centímetros para que eu me envorcalle na lama, no bulleiro dos pensamentos daqueles que me miran con desconfianza.

Estou canso de que me acusen de pensar no que xa non penso. E quero acougar entre as sabas brancas que deixan un certo cheiro a sinceridade e consolo.

Canto desexo un sono tranquilo e calmo no que o bambán das miñas ideas se deteña por sempre no sorriso da miña dona!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania