Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Finou Juan José

lunes, 20 de junio de 2011
Cando aínda nonos repuxéramos da contrariedade que nos producíu a morte de Sergio de Burela, o xornal danos a mala nova do pasamento doutro vello amigo, moi coñecido en Foz e boa parte da Mariña, tamén persoa excepcional, curiosamente os dous históricos da fotografía, á que o burelés chamaba “o mestre”, e non sen razón: Juan José Vivancos Puente.

Posiblemente os dous, que foron grandes amigos, fosen os mellores fotógrafos da provincia, segunda metade do século XX.

Juan José nacera en Badalona en 1918. Tralo episodio da guerra civil, no que acadou o grao de Teniente do Exército Republicano, feito que valeríalle, ser condenado a pena de morte, mais tarde conmutada por dous anos de prisión. Cumprida ésta, e para afronta-la vida civil, que entón debía iniciar, inclínase pola fotografía, pola que sentía unha grande atracción. En 1941 chega a Lugo, e establécese como fotógrafo profesional, con estudo na Praza do Catelo.

Realiza periodismo gráfico a través de xornais e revistas, ilustración de libros e folletos, contando cun valioso arquivo que é moi solicitado por científicos, publicistas e críticos.

Foi correspondente do NO-DO e TVE, sendo xefe de Filmadores désta, para a provincia de Lugo.

Pola súa iniciativa créase a Agrupación Fotográfica Lucense, que acada grande prestixio. Recibíu varios premios por fotos súas en certames de Galicia e fora dela, sendo homenaxeado polas Agrupacións de Lugo, A Coruña e Madrid. En 1989 foi nomeado “Lucense del Año”.

Juan José foi un home moi vencellado á Mariña. Polos anos 50, coa súa dona Amparito, foron asíduos veraneantes en Foz, e daquela época, por razóns de convivencia moi próxima, ven a nosa amizade que durou polo resto da vida. Sabedores de que no seu arquivo contiña moitos negativos daquel entón, no ano 1997 suxerimoslle a posibilidade dunha exposición, que, con grande éxito, tivo por escenario a Cafetería Xoyma; e como había a posibilidade de adquirilas, foron moitos os focegos que aproveitaron para recuperar as imaxes, sobre todo de familiares que por aqueles anos(hai mais de 60) formaban nas tripulacións das lanchas. En moitos fogares penduran hoxe as fotos magníficas, obras do recoñecido “mestre”.

Meses despois este cronista publicou o seu libro “Foz, o mar e as xentes”. Metade del ilustrado por unha colección de 60 fotografías pertencentes á colección “O Foz dos anos 50”, da súa autoría.

Polos setenta, Juan José e Amparito mercan un terreo no Vicedo, e alí construen a casa na que, no sucesivo, pasarían os veráns.

Juan José foi unha persoa excepcional: traballador, extrovertido, afectuoso, sempre ledo e moi popular, profundamente humano; a súa xenerosidade e desprendemento eran proverbiais. Aos 93 anos acaba de deixarnos iste home extraordinario. Nós acabamos de perder outro amigo entrañable.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES