Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mínimo salario

viernes, 24 de junio de 2011
O salario sempre será mínimo para o traballador, aínda que para a empresa signifique un esforzo. E o salario mínimo que o goberno establece é só un punto de referencia para que a partir daí empresas e traballadores se poñan de acordo sobre o salario real, en base ás características específicas do sector, empresa, localización e resultados.

Na actualidade o salario mínimo está establecido en 641 euros mensuais, que todos sabemos é unha cantidade ínfima, que nada significa nun presuposto familiar mínimo, pero é unha realidade, que o actual goberno tiña comprometido subir a 800 antes do remate da lexislatura.

Os tempos non permiten florituras nin siquiera redondear o actual nivel, e xa se ten anunciado que para o ano 2012 o soldo mínimo só vai poder subir entre un 1,5 e o 2,5%, subidas que van representar entre 9,6 e 16€ ó mes. Co que se cumprira á perfección a continuada petición ou recomendación do Banco de España de moderación de salarios para impedir desfases macroeconómicos.

Que os tempos non están para alegrías, está xeralmente recoñecido. Pero aumentar nesas miserias a miseria actual segue deixando en miseria o mínimo salario de referencia na vida laboral do País.

Haberá que esperar tempos mellores, e desexar que sexan moi poucos os traballadores afectados polo salario mínimo interprofesional.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania