Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Igrexa e política

miércoles, 22 de junio de 2011
Na xa lonxana transición, houbo cregos que entraron en política por entender que deste xeito prestaban un aínda mellor servizo ós seus feligreses, traballando nunha dimensión diferente polo progreso dos seus concellos. E foron concelleiros e nalgúns casos alcaldes, que compatibilizaron os seus cargos políticos co exercizo do seu ministerio, sen maiores problemas xa que o pobo asimila máis doadamente determinadas situacións que as mesmas institucións.

A Igrexa coidou que debían estar separadas claramente esas funcións e deixou de haber curas na política municipal, o que non quere dicir que os cregos desde entón non se metesen en política. Simplemente, deixaorn de ir nas listas de ningún partido nos comicios municipais.

Nestas últimas elecciónx xurdiu un problema cando un crego de A Gudiña foi nas listas do PSOE e saíu concelleiro. Tomou posesión do seu cargo, e inmediatamente o Bispado de Ourense decretou a suspensión en tanto exercese o seu cargo electivo. Por fin, o crego renunciou ó seu escano e volveu á disciplina eclesiástica.

Seguro que a Igrexa ten as súas boas razóns para impedir que os curas participen en política, aínda que desde fóra non pareza un tema tan grave, especialmente tendo en conta que os que forman parte dunha lista electoral sométense á suprema decisión do pobo, e neste caso os votantes da Gudiña decidiron que fose concelleiro. Pero antes está a obriga que a devoción, e a obriga como crego forzouno a dimitir dun cargo electivo no que tamén podería ser de gran axuda paara os veciños dese concello.

A Igrexa, como toda institución, participa da política non directamente pero si por influencia. E non se pronuncia cando os seus membros inflúen dun ou doutro xeito entre os seus feligreses. Non queren que participen oficialmente, polo que pode afirmarse que só queren gardar as formas.

Certo que o crego aspirante a política sabía moi ben o que facía, e o pulso planteado ó Bispado seguro que foi plenamente consciente, pero non puido mantelo porque a tesitura na que se situou e o situaron era deixar de ser crego ou concelleiro. Elixiu seguir sendo crego. Sendo crego poderá ter confesión política e explicitala ou difundila como estime oportuno. Pero non poderá exercer oficialmente.

Seguro que a Igrexa sabe o que fai, que para eso ten moitos séculos de experiencia en facer política por libre, pero a derrota dun crego que quixo ser político é un triunfo envenenado que poucos froitos vai proporcionar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES