Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Piragüismo

miércoles, 01 de septiembre de 2004
Foi noticia a escala mundial: Por primeira vez un galego, David Cal, obtiña unha medalla de ouro nas Olimpiadas. A disciplina, piragüismo. O mesmo atleta, ó día seguinte, obtiña unha de prata, para completa-la súa fazaña.

Cangas de Morrazo volcouse para homenaxear a quen evidencia unha modestia innegable, e entra no Olimpo dos triunfadores con tódolos merecementos.

Para min que ninguén máis que David e a súa familia pode anotarse esta medalla. A pesar de que apareza na relación dos atletas de élite protexidos pola Xunta; a pesar de que agora se lle fagan ou vaian facer todo tipo de homenaxes; a pesar de que a denominación "Tenreira galega" publique páxinas publicitarias de felicitación.

Neste país, un atleta que triunfa nunha olimpiada, é unha vida adicada ó deporte, contra vento e marea, case sempre só, esquecendo todo o que non sexa entrenar, sen pensar no futuro non inmediato.

En Galicia houbo atletas de élite na disciplina de piragüismo hai xa perto dun cuarto de século. Chamábanse Luis Gregorio Ramos Misioné ou Pedro Cuesta, e foron medallistas olímpicos ou campións do mundo.

O piragüismo galego tivo entón momentos de gloria que agora parecen reverdecer.

Aproveitando o momento e o tirón, debería nacer unha institución -Fundación, Escola, Centro de alto rendemento...- que aproveitase os mil ríos e os dous mares desta terra para formar rapaces e rapazas neste arte xa vello de andar e correr sobre as augas. E, sobre todo, proporcionarlles unha saída profesional para o futuro.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES