Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alcaldesas

jueves, 23 de junio de 2011
As mulleres teñen difícil o acceso ás alcaldías, como se ven demostrando elección tras elección. Porque se atendemos á demografía, como mínimo a metade das 315 alcaldías terían que estar ocupadas por mulleres, e sen embargo pouco pasan das dúas ducias as que gobernarán concellos nos próximos catro anos.

Lonxanos os contados exemplos de alcaldesas nos tempos da República, na transición fóronse incorporando tímidamente as mulleres á política, e nos tempos actuais veñen ocupar boa parte das corporacións locais, e os partidos políticos ben que se preocupan de levar nas súas listas mulleres que chamen polos votos, sabendo a natural influencia e a simpatíca que provoca a incorporación da muller a todos os nosos mundos, mesmo ó da política local, autonómica e nacional.

Pero sen embargo, as mulleres non ocupan postos de alcaldesa senón que esa batalla está aínda por dar. Ou está dada e perdida polo de agora, xa que nestas pasadas eleccións houbo 171 candidatas (na anterior foran 164), pero sen demasiada sorte en canto a resultados se refire.

O proceso é forzosamente lento cando se partiu da nada, e trátase de ocupar lugares preeminentes nun mundo difícil que ata hai pouco tempo estaba reservado ós homes case en exclusiva. E sen embargo o resultado de que as mulleres teñan postos relevantes na actividade e actualidade dos nosos pobos, que é froito do papel que as mulleres están conquistando cada día na sociedade, ten que chegar aínda que tarde. Ten que conseguirse aínda que parece que se avanza pouco neste terreo.

Os órganos de goberno dos concellos están cheos de mulleres con tarefas de responsabilidade. Falta que un número máis importantes cheguen a ser cabezas visibles das institucións. Todo chegará, pero vai moi lento.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES