Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ere en Preescolar na casa

martes, 21 de junio de 2011
A crise ten infinitas caras, todas elas tristeiras, pero a que presenta nestes momentos a Fundación “Preescolar na casa” é de fonda dor.

Preescolar na casa é unha iniciativa galega, que triunfou porque se axeitaba perfectamente ás necesidades dun país coma o noso, cunha poboación diseminada polo rural, cuns nenos que non parece conveniente que nos primeiros momentos da súa formación se trasladen ós centros que logo lles corresponderán, conseguindo para estes nenos unha formación inicial no fogar para chegar ás etapas educativas axeitadamente preparados para a súa incorporación ó sistema nos colexios das capitais ou localidades máis poboadas de cada concello.

Para esta función, a Fundación privada que sustenta Preescolar na casa contou sempre coa financiación da Xunta de Galicia, financiación que os sempre temidos recortes deixou reducida nun corenta e cinco por cento, coa consecuencia de que terá que presentar un Ere que significará a merma do servizo que ata agora se viña prestando.

Somos especialmente sensibles nos recortes que afecten á sanidade, que é o presente de todos, e á educación que é o futuro da nosa sociedade. E un recorte coma este, se pode ser comprensible diante da dura realidade que cada día se vai presentando, tamén obriga á Fundación e ás Institucións, especialmente a Xunta pero non só a Xunta, a buscar outras solucións, imaxinativas, complementarias, que permitan que a Fundación siga co seu labor, entendido por todos como fundamental para o funcionamento do conxunto da educación en Galicia, especialmente na amplísima zona rural que é onde Preescolar na casa desenvolve a súa actividade.

Lamentamos o Ere, e agardamos que a mala racha sexa temporal, e Preescolar na casa teña longa vida, tranquila vida, porque non a agobien os problemas económicos, e os únicos que a aqueixen sexan os derivados do seu normal e froitoso funcionamento.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania