Contra toda violencia
Editorial - lunes, 20 de junio de 2011
O movemento que o quince de maio agromou e conquistou espazos de liberdade física e de opinión, ven de sufrir un gravísimo ataque do que vai tardar en recuperarse.
O comportamento en Cataluña, diante do Parlamento tratando de impedir que os membros dunha institución democrática acudisen ó posto para o que foron elixidos e desempeñasen a súa función, desacredita a quen deste xeito se extralimita, e fai poñer en cuestión canto alí se faga e se diga.
Inmediamente xurdiron indignadas voces para proclamar que ese non era o espíritu que concentrou nas plazas a milleiros de persoas descontentas co funcionamento actual da nosa sociedade, e que as accións violentas estaban cometidas por persoas antisistema, infiltradas nun movemento asambleario imposibles de detectar ata que o seu comportamento os delata.
O movemento do 15-M naceu de súpeto, libre e espontáneamente, e non ten que se saiba unha necesaria organización, infraestructura, e uns dirixentes representativos que organicen, opinen e se manifesten. Esa en principio parecía unha gran virtude, e os participantes así o consideraban, pero pode ser o seu principal punto feble que permita que se infiltren nas súas concetracións persoas indesexables, que en lugar de axudar a construir un tempo novo pretendan derrubar todo o que atopan na súa traxectoria.
Os membros do 15-M deberán depurar todos estes elementos extraños e as súas responsabilidades, para volver conquistar o favor de todos os desencantados polos políticos e a política, e dotarse dunha estructura que lle permita coordinar actividades, unificar criterios e actuacións, e conseguir unha mínima organización.
Porque seguir permitindo que no seu nome ou dentro do colectivo dos pertencentes a este movemento anide a violencia non traerá consigo máis que o total fracaso do movemento, porque os que ata agora simpatizaban co seu xeito de ver o grave momento actual volveranlle as costas, xa que a violencia non conduce a ningunha parte.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora