Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os esmoleiros de Begonte

viernes, 17 de junio de 2011
Os esmoleiros de Begonte OS ESMOLEIROS DA TERRA CHÁ (LUGO) E AS SÚAS VINCULACIÓNS CON ALGÚNS SANTUARIOS CHAIREGOS


No Concello de Begonte podemos atopar sete esmoleiros.

O ESMOLEIRO ADICADO Á VIRXE DO ROSARIO (SANTIAGO DE BAAMONDE).
Está situado no interior do tronco dun vello castiñeiro centenario, que se atopa no adro da igrexa parroquial de Baamonde (Begonte). Foi construído polo escultor desta vila Víctor Corral no ano 1971. Está protexido do exterior polos barrotes de ferro dunha relevante porta artística. No seu interior encontramos unha imaxe da Virxe do Rosario co Neno no colo, encadrada nun extenso rosario. A súa beira esquerda o devandito autor reflicte o seguinte poema da súa autoría: “LAS HOJAS DE ESTE / ABUELO CASTAÑO / HABLAN DEL CIELO Y / Y SU FRUTO DORADO / PERFUMA(N) LA VIRGEN / DEL ROSARIO/. SOY ESCULTOR NATO / Y VECINO DE ESTE / ATRIO DONDE CRECEN / LAS FLORES Y NIDAN LOS / PAJAROS, PUES DOY / GRACIAS A DIOS QUE / HA DEJADO PONER / MIS MANOS EN EL REY / DE LOS CASTAÑOS/ “. Firma. 1971.
ESMOLEIRO DA VIRXE DO ROSARIO

Desde o momento da súa inauguración, os fieis e devotos da Virxe do Rosario aportaban moedas e flores, que adoitaban colocar nunha repisa situada no interior do tronco do castiñeiro. Mais no intre actual non soe haber ningún tipo de ofrenda material.
Ademais nesta parroquia houbo o esmoleiro da Santa Cruz, situado na fachada da casa antiga de Martul, e actualmente propiedade da familia Corral de Baamonde.

2. O ESMOLEIRO DEDICADO Á IMAXE DO SAN LÁZARO ( SAN PEDRO DE BEGONTE).
Atópase na marxe dereita da estrada Nacional VI (Madrid-A Coruña) ao seu paso
pola localidade de Begonte nun cruzamento de estradas, unha das cales vai á parroquia de Damil.
Trátase dunha construcción de arxila (tixolo) e cemento, pintada de cor branco. Os seus tramos inferior e medio teñen unha disposición cuadrangular. Neste último hai un fornelo rectangular na súa parte externa, lixeiramente arqueado no corpo superior da súa parte interna. No interior do oco hai unha pequena imaxe do santo, de xeso e policromada, protexida do exterior por un cristal e dous barrotes de ferro. Por baixo do fornelo hai un peto metálico, provisto dunha fisgoa, pola que os devotos e veciños da comunidade seguen botando algunhas esmolas.
O tramo superior está formado por unha cuberta de lousa a dúas augas, que remata nunha cruz latina, de cemento, cos seus remates trevoados.
No século pasado, a comezos da década dos noventa o carpinteiro Rafael Cereixo arranxou a imaxe do San Lázaro, así como o lugar onde se atopa. A finais da mesma década, persoal da funeraria Luís Iglesias, colocou unhas lousas á cuberta do esmoleiro.
Tanto este esmoleiro como o da Veiga (Lousada) (Xermade), tamén consagrado ao San Lázaro, é probable que teñan certa influencia coa emigración cubana.

3. OS ESMOLEIROS ADICADOS AO SAN VITORIO NA PARROQUIA DE O SALVADOR DE DAMIL.
A mediados do século XX os ramistas da festa organizada na honra do San Vitorio de Damil foron Anxo Veiga Fompedriña, Francisco Pajón e Xosé Teixeiro. Estes veciños acordaron construír os dous esmoleiros, que hai encomendados ao Santo. A imaxe de madeira dámbolos dous petitorios foi realizada polo fregués da parroquia de Damil, xa finado, Celestino Pichín, quen tamén construiu unha imaxe pequena de madeira, referente ao Santo, para a capela do San Vitorio.

3.1. O ESMOLEIRO DE BALTAR.
Está situado na marxe dereita da N-634, nunha finca que pertence á “Casa de Dorado” de Baltar, que hai anos foi propiedade do crego Constantino Pichín. Tódolos anos un membro da “Casa de Romariz” recolle a esmola, que se emprega no culto ao Santo.
O monumento revestido de tixolo, cachotería e cemento amosa catro partes:
A parte inferior é prismática rectangular. Posúe unha prancha metálica, introducida no esmoleiro e cuberta con cemento, que ten unha regaña pola que os devotos introducen a esmola.
A parte central, máis estreita que a inferior, amosa unha forma paralelepípeda cuadrangular. No seu tramo medio ábrese unha fornela, protexida por tres variñas de ferro colocadas verticalmente, onde se atopa unha imaxe pequena de madeira do San Vitorio.
A parte superior, de forma paralelepípeda cuadrangular, presenta no seu tramo medio unha placa de mármore na que se reflicte a seguinte inscrición. LIMOSNA / PARA/ SAN VICTORIO/.
Finalmente, o esmoleiro remata nun frontón triangular de tixolo e cemento, que posúe unha cuberta de pizarra a dúas augas. O conxunto da obra está coroado por unha cruz metálica, latina e lanceolada nos seus extremos, que amosa ademais uns enfeites metálicos de índole xeométrica en cadanseu ángulo.

3.2. O ESMOLEIRO DA CIGUÑEIRA.
Está ubicado na marxe dereita da estrada comarcal Rábade-Feira do Monte (Cospeito). Foi construido con tixolo, cemento e lousa. Na súa estructura temos que distinguir catro corpos: O inferior, de forma paralelepípeda rectangular, presenta no seu tramo superior un peto resaltado con respecto ao resto da construcción, que serve para botar as esmolas pertinentes.
O medio, de forma prismática cuadrangular, é máis estreito que o inferior. Amosa unha fornela na que se atopa unha imaxe pequena do santo, protexida do exterior por tres
ESMOLEIRO DA CIGUÑEIRA
varillas de ferro colocadas verticalmente e outras tantas dispostas horizontalmente, e por unha reixa metálica. A nova imaxe do Santo é de castaño, e a pequena capeliña, onde se atopa a devandita entidade sagrada, e de madeira de sapel. Ámbas as dúas obras foron realizadas polo fregués da parroquia José Villadóniga hai uns tres anos.
O superior é unha continuación do anterior. Na súa parte central amosa un rebaixe rectangular onde se le a seguinte inscrición. LIMOSNA / PARA / SAN VICTORIO/.
Como remate, o monumento presenta unha cuberta de laxes de pizarra a dúas augas, da que xurdía unha cruz latina metalizada, de tipo lanceolado.
No intre actual, aínda hai devotos e veciños do lugar que seguen botando esmolas e deixando flores ao carón do monumento.

4. OS ESMOLEIROS ENCOMENDADOS AO SAN ANTÓN DE PADUA NA
PARROQUIA DE SANTIAGO DE FELMIL.
Un membro da “Casa de Algara” de Denune (Felmil) mandou realizar, a mediados do século pasado, os dous esmoleiros encomentados ao devandito Santo.

4.1 .O ESMOLEIRO DO PETO.
Esta situado na marxe esquerda da N-634, no lugar que recibe o nome do Peto (Felmil). Foi construído por un albañel de Felmil, pertencente a “Casa de Ramón do Pacio”. Nunha orde ascendente, distinguimos unha serie de elementos na súa estructura.
A parte inferior, de forma prismática rectangular, é de tixolo revestido con cemento. De cara ao exterior hai unha placa de mármore branca, ornada no corpo superior co debuxo dunha cruz latina con enfeites vexetais. Nela lese a seguinte inscrición:
ESMOLEIRO DE “ O PETO”
“ LIMOSNA A SAN ANTONIO DE DENUNE. / ACUERDATE DE SAN ANTONIO /
Y EL SE ACORDARA DE TÍ / LA LIMOSNA QUE SE DEPOSITA / EN ESTE CEPILLO,
SE EMPLEARÁ/ EN FUNCIONES EN HONOR A / SAN ANTONIO LOS DÍAS / 13 Y 14 DE
JUNIO EN LA / CAPILLA DE DENUNE /”.
Baixo a placa de mármore atópamos unha placa metálica, na que se fai mención á marmolería, que construíu a placa de mármore, así como o seu enderezo.
O tramo medio, tamén de tixolo, amosa un fornelo cuadrangular, protexido do exterior por un cristal. No seu interior atopamos unha imaxe pequena, de arxila, de Santo Antonio de Padua co Neno Xesús no colo, que se atopa por riba dun pequeno pedestal rectangular de madeira.
A parte superior presenta unha cuberta a dúas augas, e unha cruz latina, ámbas as dúas de tixolo e de cemento.
Este esmoleiro segue recibindo, ao longo do ano, ofrendas de flores, velóns e cartos por parte dos devotos e veciños do lugar.

4.2. O ESMOLEIRO DE DENUNE.
O antigo esmoleiro estivo colocado na marxe dereita da estrada comarcal Rábade-Feira do Monte (Cospeito). Foi construido con tixolo e cemento. Na súa estructura temos que distinguir tres corpos:
O inferior, de forma prismática rectangular, presentaba no seu tramo superior un peto metálico introducido no esmoleiro e recuberto con cemento, que posuía unha fenda pola que os devotos introducían as esmolas, que consideraban mester. Por riba do peto había unha placa de mármore na que se leía a seguinte inscrición:
ESMOLEIRO DE DENUNE
“ LIMOSNA / A / SAN ANTONIO/ ACUERDATE DE SAN ANTONIO / Y ÉL SE
ACORDARÁ DE TÍ/.”
O corpo medio, máis estreito, mostraba un fornelo, onde se atopaba unha imaxe pequena de xeso do San Antón de Padua, que estaba protexida do exterior por medio de dúas variñas de ferro.
Finalmente, o corpo superior estaba formado por un frontón triangular, de tixolo e cemento, coroado por unha cruz do mesmo material..
A principios deste século a Asociación de amigos de San Antonio restaurou a capela do Santo e o esmoleiro encomendado ao mesmo, colocandoo na marxe esquerda e na intersección da estrada Rábade-Feira do Monte, coa
O novo petitorio segue sendo unha construcción de tixolo e cemento ainda que xa presenta algúns cambios. O corpo inferior está decorado por unha cuberta de pedra, que recibe o nome de bellavista. O corpo medio amosa un fornelo estreito e rectangular cunha pequena imaxe de xeso do San Antón de Padua no seu interior e dous floreiros a ámbos dous lados. Como remate, hai unha pequena cruz latina de tixolo e cemento. Ademais nos corpos inferior e superior hai algúns velóns de ofrenda e flores.

5. O ESMOLEIRO CONSAGRADO Á IMAXE DA VIRXE DE LUJÁN (ALTIDE) (SANTA MARÍA DE TROBO).
Este monumento atópase no flanco esquerdo da estrada local, que sae da localidade de Begonte de cara á Damil, ao seu paso polo barrio de Altide (Trobo). Foi construído a mediados dos anos cincuenta do século pasado por Manuel de Pena, albañel de Gaibor, que usou como modelo o petitorio da “ costa do Peto” (Felmil).
Desde o punto de vista arquitectónico, trátase dun esmoleiro construído con tixolo e cemento. Está pintado de cor branco na súa totalidade. No tramo medio atópamos un pequeño fornelo cadrado, protexido de cara ao exterior por un cristal. No seu interior achamos unha imaxe pequena da Virxe de Luxán, de porcelana sobre un pequeño pedestal de madeira. Esta advocación mariana foi traída de Arxentina por un membro da familia García de Altide. Por baixo do fornelo e case no centro do esmoleiro hai unha fenda pola que os devotos e veciños da comunidade seguen aportando esmola, que cae nun peto de ferro situado no tramo inferior do monumento. Por riba do fornelo atópamos unha placa de mármore branca, onde se lee a seguinte inscrición: “ LIMOSNA / PARA LA / VIRGEN DE LUJÁN”/.
O petitorio remata nunca cuberta a dúas augas, de lousa, cemento e tixolo, estando coroado por unha pequena cruz metálica, de forma latina. Ademais das esmolas en metálico, os devotos e veciños do lugar, seguen traendo ao longo do ano flores e algúnhas candeas.
Nesta provincia atopamos outro esmoleiro, adicado á devandita Virxe, que está situado na parroquia de Queizán (Navia de Suarna).

(Publicado en “Actas do II Congreso Galego sobre Cruceiros e Cruces de pedra, Vigo, 2010.)
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES