Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

DOA, nas Penas de Rodas

viernes, 17 de junio de 2011
DOA, nas Penas de Rodas O próximo 21 de Xuño, solsticio de verán, vaise dar unha especial circunstancia de concorrencia mítico-musical: Doa actúa nas Penas de Rodas, as que Manuel María definiu como "ollos alucinados" que contemplan a Terra Chá.

O elemento mítico é doble. Porque Penas de Rodas é un espazo mítico, xa sexa porque os elementos da natureza foron labrando estas penas singulares para darlles forma e equilibrio imposibles, xa - como quere o arquitecto Carlos Montaña - porque tiveran arte e parte os romanos invasores (asentados xa) desta terra en construir un lugar máxico onde honrar a todas as forzas da natureza. E tamén Doa forma parte do noso imaxinario mítico, onde os galegos fomos construíndo un universo musical, olimpo sonoro, no que recrearnos e gozar, e no que Doa ten lugar de honra desde que teñen/temos uso de razón.

O certo é que os compoñentes actuais deste grupo que ten lugar propio nas querencias musicais dos galegos teñen todos a mirada luminosa dos que están afeitos a gañar sonoras batallas, e o peso/paso dos anos non fai máis que añadir señorío ó xuvenil xeito de afrontar empresas como o seu último traballo que penetra fondamente na "Fronda dos cervos" dos nosos máis bravíos montes.

É valente esta última aposta de Doa que busca nas letras de autores mozos (de hai case mil anos),que se chaman Pero Meogo ou Johan García de Guilhade, Airas Nunes, Meendinho ou Martín Codax, demostrando que viaxando no tempo pódese facer vivir o pasado para entrar nun máxico futuro, tan só sabendo abrir de par en par as portas da música intemporal, a maior maxia de todos os tempos.

Doa actúa nas Penas de Rodas para poñer axeitado remate á xornada "O BOSQUE SAGRADO DE LUGO", que ese día comeza ás dez da mañá na Casa da Cultura de Begonte para logo discorrer por unha longa rota entre Carral e Penas de Rodas, e alí dar a benvida ó solsticio de verán. A música de Doa pon colofón harmónico -mítico, máxico!...- a unha xornada intensa na percura do "Bosque sagrado de Lugo".
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES