Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novoneyra traductor

miércoles, 11 de agosto de 2004
Novoneyra traductor Probablemente non teñamos oportunidade de coñecer moitas máis traduccións de Novoneyra. Coidamos que a súa xenerosa simpatía poética podería haberlle sido nisto máis propicia. Pero semella que os cauces da súa xenerosidade eran outros. Máis abundantes, espontáneos e cribles, consistiron sobre todo na coloquial loa dalgúns dos seus coetáneos (lembrémonos eiquí da súa insistente e as veces pioneira admiración por Manuel María, Oroza, Méndez Ferrín, María Mariño, Patiño, Martínez de Andrade etc.) E foi pena pra nosa literatura que non se prodigara máis naquel outro tipo de xenerosidade, nisa especie de importación cultural que a traducción era porque, por riba de tódolos complicados preceptos do oficio, está o de que o traductor sexa poeta -condición que íl tiña en grado sumo-. Pero é que íl posuía ademais o don distinto da simpatía, ise vertixinoso xeito de coñecemento. Alí onde a houbera, Novoneyra detectaba a poesía con suma facilidade, apoderábase dela e logo, con grande amor e ata unción, erguíaa na súa voz ante o noso asombro. Nunca esquecerei a excepcionalidade daqueles intres.


Pode nembargantes que a escasez das súas traduccións queden explicadas pola nota que o propio Novoneyra axuntou as Cinco Pezas: “pensei que non sería posible traducilas con certa forza ó galego e deixeinas de lado durante un mes”, dí primeiro; e logo, respecto a palabra “álamo”, di tamén: “non creo que [o equivalente galego da palabra] sea superior a sonoridá castelán”. Era pois respeto á poesía allea o que tiña Novoneyra; respeto imposible fora da comprensión. Paradoxicamente non podía pois facer traduccións polas boas. Precisamente porque era traductor.
Sen indicar a autoría da traducción, istes poemas publicáronse en Grial (GALAXIA) no 1968. A omisión foi debida á errónea crenza do autor de que citar a Novoneyra daquela era unha especie de “autorecomendación”, de abuso de confianza. A cousa non era así e a súa rectificación vai adicado iste traballo.



CINCO PEZAS PARA CEMBALO, de X.L.Allué Andrade

(Trad. Uxío Novoneyra, 1964)


“O que se poda dicir en prosa, dícese mellor en prosa” (T.S.Elliot)

1

O HOME

Chove. Incidentes silenciosos i escuros acontecen no val.
Rios de brétema ateigan cauces de espacio balbucente.
Nos porracos beben páxaros bronce, pegas, algúa pomba, feitos mínimos, ollos.
O ceo transcorre enviso sober dos envisos ollos da i-auga.

Un home amosa na miña fiestra. Inordiña, móvese baixo a chuvia. Olla para todos e calquer camiño mais aínda está aí un pouco, estantío, alleo.
Nada máis familiar que esta presenza azar, sempre tan sumida, tan reacia; a pesar de todo, tan teimosamente desconocida

É o Home.
Algo novo sucede sober do acontecer esvecido do val.
Il vaise.
Algo move.
As formas, mudas diante a fiestra, xogan co inxel silencio.
Algo medra e desmedra baixo dil.
Algúa ola invisibele lévao sobrenadando cara unha praia de tebras.

Estelaxe dalgún fabuloso naufraxio, doutras navegación máis esautas, máis intencionadas, eu mesmo sinto na innumerabre prostración do ceo e da terra ista puxanza sen senso que é só un fondo ollar.


2

OS DONOS DO SEU DESTINO

Mais istes outros, eles, Stozer, os músicos, eles sí son os donos do seu destino. Eu véxoos así: madeira lucidia, inacesibel; outos boscos violáceos.

Enfexos, dobregados, corvados baixo o mundo que sostein, eles extraen a neve, a canela i a esmeralda. Eles tecen a música eilí onde o son remata, onde xa nada se oi sinon o rumor dunha vibrante voluntá.

Esforzados heroes, eles outein da tarde o diamante i érguenno cheos de intención, acuidá, fervor, dreitamente.



3
CANCIÓN DE OUTUBRE

Álamo
trémela chama,
copa colmada
pola dozura última
chuvia detida,
locente,
intauta.

Virá a noite
en fatos de sombra.
Pasarán envisalas nebras
furando con laz e fragor
delicadas molicies.
Resoará no bosco
a ialba instaurada.

Somentes en ti,
páxaros cobre
erguen os ollos pron sol oculto
e, sen cesar,
son mirados.

Somentes o teu serán
hase extinguir xunta túa.

4
O CEGO

Trala fiestra o serán empuxa ós fatos i ós leñadores. As sombras dos homes érguense diante eles. Máis aló, o vento caladiño atravesa a outa chaira gandarida. En innumerabeles lugares, a noite atui xa a grave acsistencia da pedra e o mar.

Nalgún pazo, diante un espello, os perfumes arrecoxan un candelabro i abondan a chama.

Astros ocultos fan tremelucir de novo aquelas palabras estranas: Inda que cego, podo eu ver.
Semellante a un ámeto, o único posibele, onde temerosas criaturas confíanse escuramente a unha asistencia máis inmortal, elas fuxen en min a apariencia, o nome i a ameaza.



5

CORAL

A multitude xabreira do vento
trae hasta eiquí o rumor de escuros rios,
mareas,
praias deixadas.
Clamor que o lonxe non vence.

Cantai.
Acaso seiamos ribeira de todo esto,
un eido onde é posibel deterse i afondar.

Cantai o sitio
onde un terribele desamparo
tórnase máis de aturar,
máis doçe e de mérito.




NOTAS DO TRADUCTOR ( Uxío Novoneyra )
Cando recibín as “5 Pezas para Cembalo” pensei que non sería posibele o traducilas con certa forza ó galego e deixeinas de lado durante un mes. Pero fai uns días, nunha tarde pilleinas e traducinnas todas de golpe.
A tradución está xa medio revisada i algúas cousas raras son intencionadas. Por exemplo:
“Presenza azar” por “presencia azarosa”
“Xunta tua” por “xunto a ti”
Poño así mesmo “paxaro bronce” e “paxaro cobre” suprimindo o de.
Como en galego non ecsiste a palabra “estepa”, pois non hai estepas eiquí, tradúzoa por alta chaira gandarida que ven a ser “alto llano inculto”.
Non sei se “álamo” ten nome galego, pro de todos xeitos non creo que sea superior a sonoridá castelán, sobre todo en función das palabras que seguen -pois romperíase a aliteración en “l” i “m” entre “álamo” y “trémela”

VOCABULARIO
acuidá, agudeza
alleo, ajeno
ámeto, ámbito
amosa, se muestra
arrecoxan, trepar
ateigan, colman
atui, acoge
aturar, soportar (de aturar, soportable)
brétema, niebla
chaira gandarida, “estepa”
chama, llama
cheos, llenos
chuvia, lluvia
diante, delante
dil, de él
doçe, dulce
donos, dueños
eido, tierra propia (heredad?)
enfexos,
enviso, absorto
estantío, inmóvil
estelaxe, astillaje
esvecido, desvanecido
fatos, rebaños
feitos, hechos
fiestra, ventana
furando, horadando
inordiña, muy lentamente
inxel, puro
laz, hielo
medra, crece
ollar, mirar
pomba, paloma
porracos, charcos
pron, para un
senso, sentido
serán, tarde
tebras, tinieblas
teimosamente, tercamente
trémela, trémula
tremelucir, titilar
xabreira, helada
xunta tua, junto a ti

-
Fernando Andrade
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES