As pinzas do Sr. Bono
Cardalda, Theo - miércoles, 15 de junio de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO
As declaracións do Presidente do Congreso Sr. Bono xustificando o fracaso electoral do PSOE en toda España, afirman que a culpa a ten IU e que vai a quedar reducida al más sectario del PC. A partir de esas declaracións xa comeza a negra cova mediática a falar sobre a pinza. Con xente como o Sr. Bono é polo que unha maioría renega do PSOE.
En vez de facer chistes estúpidos, debería preguntarse por qué IU non apoia aos seus candidatos ás alcaldías. Coido que atoparíase coa resposta do comportamento durante as lexislaturas pasadas de desprezo absoluto aos grupos municipais de IU.
Os homes e mulleres de este grupo, foron ignorados, insultados, ríronse na súa cara e non contaron con eles en ningún momento, e agora queren que se lles apoie para seguir facendo o mesmo: aceptando a reforma laboral, os pensionazos, recortes sociais, respaldo aos poderosos...
A absurda pinza, orquestrada por eses medios intentado manipular e terxiversar ao persoal, xa non ten moita credibilidade , a xente non e tan parva e está cansa da pinza.
Nada di este Sr. das tenaces do ano 1993, o PSOE tiña a maioría con IU e elixiu a CIU para gobernar. Goberno de Euskadi de socialistas e a dereita do PP. PPSOE votando xuntos a proposta das hipotecas. Xuntos contra a proposta dos comunistas no Parlamento Europeo sobre a redución de gastos dos eurodeputados e viaxes e dietas. Xuntos na reforma das pensións. Xuntos na súa proposta neoliberal. Podo seguir con moitos máis exemplos. ¿Quen fai a pinza.
O Sr. Bono, quérenos facer crer que IU é a culpable desta estafa feita polos mercadores dos templos contra os cidadáns da que este Sr. e tódolos seus sociolistos chámanlle crise. O de Bono son as procesións, a beatería, os saraos e pretas as filas.
Xa o dixo hai tempo o Sr. Felipe González O Fermoso: no importa que el gato sea negro o blanco, lo que importa e que cace ratones (obreiros).

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora