O país da auga
Editorial - viernes, 17 de junio de 2011
Sempre a auga na conciencia colectiva de Galicia, que foi chamada o País dos dous mares, O País dos mil ríos, e a auga está sempre presente na nosa xeografía en forma de mar, de río, de lagoa, e mesmo de surxencia cálida coa que comprobar que xa os romanos hai vinte séculos viñeron aquí na percura da auga.
E sen embargo hai cidades nas que este líquido elemento ou non é potable ou os consumidores séguena a considerar impropia para o consumo, hai ríos contaminados, hai ríos ateigados de embalses sobre os que se está a tomar conciencia, e sobre todo hai unha conciencia sobre a auga en Galicia de que é inagotable, conciencia que deberemos cambiar polo ben das xeracións futuras.
A Xunta vai incidir nas correntes fluviais de Galicia, se fai falla reducindo a actividade hidroeléctrica, para manter vivos os ríos, respetando uns caudáis mínimos que deixen vivir as especies, e nunca baixen do dez por cento do do volumen medio anual.
Pero o tema dos embalses vai para largo porque existe un total de 147 concesións hidroeléctricas en Galicia, e delas pouco máis dunha ducia caducarán nos próximos anos. Aínda que é ben dubidoso que coa crecente necesidade de enerxía a precio asequible, se vaia reducir sensiblemente a producción eléctrica dos embalses, e moito menos eliminalos por moito que se queira sanear e rescatar a auga dos nosos ríos.
Todos somos conscientes de que Galicia é un territorio especialmente beneficiado pola natureza que foi pródiga connosco en augas marítimas e terrestres, nacentes ou pluviais. Pero debemos selo tamén de que o porvir de Galicia depende precisamente de que manteñamos esa condición de País da auga, que tanto nos identifica e tantos beneficios proporciona e máis pode proporcionar.
Os incendios forestais, as restriccións no verán en moitos concellos, a contaminación dos ríos, a extracción abusiva, son outros tantos elementos para facernos pensar; outros tantos problemas que deben ser atallados de xeito puntual e decidido, pero sobre todo son outras tantas evidencias das que temos que tomar conciencia porque o problema da auga como moitos outros problemas- só depende, en moi boa medida, en que o asumamos e procedamos en consecuencia.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora