Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No rural

miércoles, 15 de junio de 2011
Andamos todos preocupados pola fenda fondísima que existe entre os que acceden a Internet e os que só saben que existe, entre a modernidade e a idade media, entre o urbano e o rural.

Porque por moito que nos empeñamos, Galicia segue a ser unha maioría rural e unha minoría urbana, aínda que as cifras de poboación se empeñen en dicir o contrario.

Certo que as sete grandes cidades de Galicia superan o millón de habitantes, quedando outro millón largo para o rural galego, pero aínda así o rural pode co urbano neste país do Fisterra, non só pola superficie senón porque a diseminación da poboación aínda fai que sexan milleiros os núcleos habitados na inmensidade da nosa xeografía.

Na teoría, todos os galegos temos os mesmos dereitos. Polo tanto, un habitante do centro de Vigo ou da Coruña, por mencionar os núcleos urbanos máis poboados e industriais ten os mesmos dereitos que outro da montaña do Courel, ou de calquera pobo perdido da Terra Chá. E con arreglo a esto, na montaña do Courel e nun pobo perdido da Terra Chá, ese habitante ten que ter o mesmo dereito a estar conectado a Internet de calidade e ter a mesma cobertura telefónica que os das cidades mencionadas.

Non fai falla demostrar que esa igualdade non existe. E aínda que existise a capacidade e posibilidade técnica, poñámonos a pensar se visualizamos a un chairego ou un courelán entrando en Facebook, enviando un correo electrónico, ou comunicándose cun Sms para facer o pedido no seu lugar de compra habitual.

As estatísticas afirman que só un 5% dos habitantes do rural utiliza Internet. E aínda nos parece que esaxeran, tal é a situación de carencia que detectamos a cotío.

Todos estamos de acordo na igualdade de dereitos. Pero o seu exercizo –non esixido por fatalismo, por costume, por acomodación- aínda queda moi lonxe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania