Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novos métodos de loita

martes, 14 de junio de 2011
Aos que gobernan, aos que inflúen, parécelles que está todo “atado e ben atado”, como en tempos se considerou quedaba o porvir político e social de todos nós.

“Atado e ben atado”, polo que se refire á organización política, á organización económica, ó continuismo social: De xeito que existen uns partidos políticos que conseguiron polarizar a vida participativa, unhas entidades bancarias e de aforro que cada día máis están presentes na nosa vida, e un entramado social que nos envolve e nos condiciona desde os anos máis mozos a participar e consumir.

Pero este xeito de vivir, que fixo crise vai para tres anos, vai deixando cadáveres nas cunetas e millóns de feridos no camiño, de maneira que cada vez hai máis persoas con dereito a sentirse mancadas pola sociedade que temos construido entre todos, e na que se supón que todos participamos en igualdade de dereitos.

O movemento do “15 M”, apenas cun mes de existencia e xa con presencia efectiva en todos os medios e todas as conciencias, marcou un tempo novo no que aparecen centos, milleiros, de novos e non tan novos que non se sinten representados polas forzas que nos representan, que non se sinten participar no que teñen todo o dereito a formar parte.

Puidera ser que este movemento, que pasada a primeira euforia queda algo aletargado, teña sucesivas e potentes réplicas para que teñamos consciencia de que aí está, non sendo a manifestación externa e pacífica a única maneira de expresarse públicamente.

Houbo a finais do pasado maio un intento dunha nova canle de expresión, de protesta, de loita en fin, da que por agora non se coñecen datos, e posiblemente pasou sen pena nin groria. Pero ollo con ela.

Propoñíase que nunha determinada data, todos os que se sentisen motivados, acudisen á súa entidade bancaria a retirar 150 euros. Para demostrar ós bancos que pode existir un contrapoder se fai falla, se se xunta. E métodos de loita coma este poden resultar moito máis dolorosos que calquera outro porque atacan á parte máis sensible do poder económico, e de paso ó poder político.

A loita está aí. O que queira vela, que tome nota. Porque é moi posible que o que agora non queira enterarse se decate logo cando – como co movemento “15 M”- sexa algo difícil de parar por parte duns poderes non preparados para novos – e pacíficos- métodos de loita.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania