Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A gobernar

lunes, 13 de junio de 2011
Na inmensa maioría dos concellos galegos están xa constituidos os grupos de goberno e perfilada a oposición; agora toca gobernar, que o país ten urxencia de que funcione de xeito harmónico, polo ben de todos.

Aínda sabendo que é un imposible, é o momento de que todas as forzas políticas esquezan os sinsabores da loita electoral, os resquemores que teñan producido vellos acontecementos, e calquera outro elemento ou norte que non sexan os intereses cotiáns dos habitantes de cada concello.

O difícil momento en que nos atopamos, mesmo a difícil situación de boa parte dos concellos, esixe enfrontar a problemática municipal co mellor dos talantes, e procurar solucións a pequenos e grandes problemas de acordo coas posibilidades de cada quen.

Agora, a uns toca gobernar de acordo cos votos dos seus concidadáns ou polos pactos suscritos, e a outros tócalles fiscalizar o traballo dos primeiros, xa que asi é o que en democracia corresponde. E todos xuntos empuxar na mesma dirección, para conseguir progreso e avance no camiño emprendido.

Eso é o que agardamos todos. Pasou o tempo de discusións partidistas, de enfrontamentos por acceder á gobernabilidade dun concello. É o momento de todos, que cada quen ten a súa responsabilidade. E non é maior a do que goberna que a do que está na oposicións, que os dous están habilitados para a súa tarefa polos votos emitidos nos pasados comicios. E se o que goberna ten que poñer tino nas súas decisións, o mesmo tino ten que poñer o opositor para discutir as decisións do gobernante e apuntar solucións alternativas ou apoiar as propostas.

Quedan por diante catro anos de traballo intenso, para o que nin siquiera parece haber demasiada ilusión, que o tempo non permite alegrías. Pero esa ilusión e esas alegrías hai que gañalas, hai que proporcionarllas ós administrados, xa que ó concorrer ás eleccións suponse que existe polos candidatos interese en que os seus pobos gobernen, solucións para os múltiples problemas, decisión para conseguir obxectivos.

O que toca agora é gobernar. Todo o demais, é pasado. E o pasado só debe contemplarse para aprender dos erros, e camiñar firmes na percura do porvir que as nosas xentes merecen, que todos nós merecemos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES