Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo está moi ben, pero onde están os cartos?

viernes, 10 de junio de 2011
A Lei da convivencia e a participación nos centros escolares está a pasar de ser un texto anódino e sen as condicións necesarias para ser proclamado como lei, a ser un feixe de ideas que poden traer consigo toda unha serie de innovacións e implicacións importantes para os nosos centros escolares.

O Parlamento enriqueceu o contido do texto enviado polo goberno da Xunta de Galicia con achegas que están en sintonía co que xa apuntamos en varias ocasións desde estas páxinas dixitais. Entre as que máis valoramos están a incorporación dos alumnos como mediadores escolares, a definición concreta do que se vai entender por acoso escolar ou a creación de escolas de pais e nais, e de aulas inclusivas para os alumnos que sexan expulsados disciplinariamente das aulas.

Pero agora vén a segunda parte. Esta refírese á recomendación que desde agora mesmo lles queremos dar aos nosos parlamentarios, e que está relacionada con que non se deben esquecer da súa avaliación económica ou, pola contra, todo o escrito quedará nas pavías das boas intencións fracasadas.

É moi fácil dicir que os mozos deben mediar entre eles, pero para que iso sexa efectivo alguén os deberá instruír nas habilidades e técnicas necesarias para que poidan acometer esta función. E, para iso, haberá que seleccionar os mozos máis idóneos para exercer de intermediarios entre os conflitos dos seus compañeiros, buscar os momentos en que se lles poida impartir este adestramento e, como non, acreditar os formadores que haberán de acometelo, que, de seguro, tamén terán un custo engadido xa que non calquera vale para impartir esta formación.

O mesmo vai ocorrer co tema das escolas de pais e nais, tan demandadas polo conxunto da comunidade educativa e social. E outro tanto sucederá coas aulas inclusivas que deberán acoller e reeducar os alumnos conflitivos para que cambien a súa actitude de entorpecer a normalidade escolar. Este país tan cheo de ideas quixotescas sempre necesita dun responsable Sancho que lles leve as contas aos seus ideólogos, se non se quere que, como ocorreu coa lei antibotellón, que despois de poñela como a panacea para tódolos males da nosa xuventude, veñan os concellos e se queixen de que non dispoñen dos medios policiais necesarios para cumprir os compromisos.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania