Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entre hortalizas

jueves, 09 de junio de 2011
Non quero que te deites sobre o lado dereito da miña historia, na que un garavanzo percorreu cinco quilómetros para loitar ao lado da cenoria.

Hai guerras nas que o maltrato a un vexetal altera o curso da vida das verzas dunha horta.

Deixa que o sulfato que cae sobre a planta da pataca molle tamén, de pasada, á remolacha altiva e rosa.

Non quero que lle sorrías á fila dos repolos porque poden pensar que o seu regadío será eterno. E todos sabemos que sempre hai algunhas almas secas.

Hai vida máis alá dunha leira. Hai vida incluso tras unha guerra de hortalizas. Ás veces chega con que un raio de sol asome polo horizonte ou que a luz da lúa caia sobre a noite durmida.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES