Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Noraboa Mato, noraboa Paradela

jueves, 09 de junio de 2011
Os meus pais foron emigrantes en Barcelona, e tras voltar con eles a terras galegas, tamén eu emigrei, esta vez ó Reino Unido. Dende alí seguín con interese os resultados das recentes eleccións municipais. E especialmente os resultados en Paradela, a terra do meu pai e dos nosos antergos. Alí traballa, como Alcalde ó servicio dos paradelenses, Xosé Manuel Mato Díaz dende hai máis de 30 anos.

No ano 1989, o meu pai, o escritor Manuel Rodríguez López escribía acerca del o seguinte:

“Xosé Manuel Mato Díaz, de 35 anos, casado e pai de dous nenos, dende 1979 preside a Corporación Municipal. No intre de toma de posesión era un dos alcaldes máis novos de Galicia. Con el mantiven varias entrevistas, e unha veces sós, outras co amigo Villarabid ou co académico Anxel Fole e con Benxamín Andrade, recorremos as dezaoito parroquias do concello para constatar realidades e proxectos. O Xosé Manuel é un afervoado do seu pobo e ten enormes desexos de conseguir realizacións. Afiliado a UCD, acadou a maioría absoluta nas primeiras eleccións democráticas e, catro anos máis tarde, tras a desfeita do partido de Adolfo Suárez, foi reelexido co voto casi unánime pola lista de Coalición Galega nos comicios de 1983 e 1987. Incansable á hora de martelar nas portas da Administración, esixe dereitos, subvencións, axudas. O seu fin é alcanzar o benestar económico e social da colectividade que preside. Os resultados, nun breve periodo de dez anos, son palpables gracias ó seu labor e á colaboración das xentes de Paradela”.

E segue o artigo cunha enumeración dos resultados conseguidos nos primeiros dez anos do mandato da corporación presidida por Mato. É unha longa lista que, ó longo destes anos e gracias a súa acertada xestión municipal, viuse incrementada de forma importante tanto cuantitativa como cualitativamente. Nestes 32 anos, o noso Alcalde non só non perdeu folgos, senón que a súa corporación mellorou de forma importante tódolos aspectos do Concello de Paradela, incluindo infraestructuras e servizos, empresas e turismo, actividades humanas e culturais… Sería imposible enumerar nun artigo as melloras producidas ó longo dos máis de seis lustros nos que Xosé Manuel Mato leva presidindo o noso Concello. A mellor forma de corroboralas é achegarse ás terras de Paradela no Camiño de Santiago e disfrutar delas.

O pobo non se equivoca. A vontade popular en Paradela dictaminou que Xosé Manuel Mato Díaz sega a ser o Alcalde do Concello por novena lexislatura consecutiva, cun total de 36 anos ininterrompidos. Iso merece unha doble felicitación. Noraboa ó noso Alcalde por ver recoñecido polos seus conveciños o seu traballo unha vez máis no último exame das eleccións municipais. E noraboa a Paradela por contar entre un dos nosos cun incansable loitador polo desenrolo económico, social e cultural do noso pobo.
Rodríguez López, Santiago
Rodríguez López, Santiago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania