Feitos os deberes
Editorial - jueves, 09 de junio de 2011
O Goberno puxo deberes a todas as institucións e naturalmente ás autonomías, de xeito que entre todos haberá que cumprir cos mandatos da Unión Europea para que a economía española harmonice co resto das economías dos paises socios da Comunidade.
O límite de déficit para o presente ano é o 1,3% do Producto Interior Bruto, e o conxunto das autonomías no primeiro trimestre do presente ano chegaron a un déficit do 0,46%, co que se impón unha reconsideración dos funcionamento económicos para evitaar desfases a fin de ano, que poden ser fatales.
Neste caso, Galicia tivo un comportamento exemplar. Porque neste primeiro trimestre conseguiu un superavit do 0,14% do produto interior bruto, só mellorado pola Rioja cun 0,18% e Aragón co 0,19%. O resto das autonomías teñen resultado negativo, en maior ou menor escala, pero o balance conxunto non é moi satisfactorio, polo que os deberes terán que ser escrupulosamente efectuados para que o conxunto non desentone.
Por unha vez, Galicia queda magníficamente ben. E ben está que así sexa, que tampouco están as relacións do goberno central e o galego como para permitir desaxustes. Galicia ten feitos os deberes, e eso é ben para todos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora