Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coches oficiais

miércoles, 08 de junio de 2011
Un dos máis claros síntomas de poder é o disfrute dun coche oficial. Teñen coche oficial os presidentes, os conselleiros, os alcaldes de concellos importantes, e moitos outros altos cargos que descubren o peso da púrpura cando suben á dignidade automobilística cun chofer que os leva en loor de comodidad.

Por eso, cando se trata de aforrar, son os coches oficiais o primeiro obxecto de desexo, como elemento que ha chamar a atención do público, representando aforro en canto ó vehículo en sí, en canto ó seu consumo e ó chofer que o serve. E nestes últimos tempos tempos, persoeiros que chegan ó cargo prometen que van ser máis austeros que os seus predecesores, e van reducir en primeiro lugar os coches oficiais e, a continuación, os asesores que abundan case tanto nos organismos oficiais como os mesmos coches ó servizo das autoridades.

Para non ser menos, Rajoy, cabeza visible do Partido Popular, aboga porque os cargos públicos comparten coche oficial, entre outras medidas de aforro que se van implantar en comunidades e concellos que goberna o seu partido. Pero eso de compartir o coche oficial vai ser tan novedoso que é difícil que chegue a funcionar, porque é inimaxinable eso de que un vehículo con chofer ande recollendo polos seus domicilios ós altos cargos que acuden ó traballo, aforrando todo tipo de enerxías.

Se os consellos para que os mortais de a pé compartamos coche para evitar os atascos e consumos excesivos non funcionan, menos o vai facer a transformación dos coches oficiais en transporte colectivo, que a fin de contas o coche como signo externo de riqueza –neste caso, de poder- ten un papel innegable.

Como declaración de principios, está ben. Que os coches son o xeito máis doado de aforrar, se efectivamente ese aforro se consigue. Se se consigue, será espectacular e beneficioso para todo tipo de administracións.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES