"Rompeolas"
Fernández, Suso - miércoles, 08 de junio de 2011
Abril de 1986, hai 25 anos: sae á rúa o número 1 do periódico Rompeolas, que editaría o Clube Náutico, renovada a directiva por eleccións celebradas o 12 do mesmo mes, quedando así: presidente, Suso Fernández; vice: Fco. Luis Fdez Rego; secretaria: Mª do Carme Fdez. Moreda; tesoreiro, Fco. Fdez. Otero; Vocais: Antonio Eijo Rguez., Teodoro Moreda, José A. Rey Lestegás e Fco.Méndez Beltrán.
No ángulo superior esquerdo da portada, o escudo da sociedade, sobre silueta de escena mariña e enriba: ROMPEOLAS Voceiro do Clube Náutico de Foz. Baixo iste encabezamento, que sería para os números sucesivos, carta do presidente de saúdo ós socios, na que, brevemente, explica a intención que anima ós novos responsabeis, entre os que figuraba facer del un lugar de encontro dos focegos, nativos e foráneos, para o que a directiva se esforzará en lograr un local mais acolledor, e unhas instalacións que permitan as actividades deportivas (diversificadas, para que interesen ó maior número de socios), culturais e sociais, cumprindo os fins para o que o clube foi creado, participando na promoción turística de Foz, intención de moitas das nosas actividades. Queremos converter o clube no aglutinante de vontades, integrando no mesmo ás sociedades culturais e deportivas da vila, e coas que non sexa factible, manter a mais estreita colaboración, cun fin único: propiciar a convivencia nun clima de unión e solidaridade, a través da cultura e o deporte.
Unha foto de José Ramón da Cangalla, que finara había pouco, cunha pequena semblanza do popular persoeiro, que remata asi:
hoxe o mar de Foz está de loito. O vello mariño rindíu a derradeira singradura; e o estamos tamén os seus amigos, e tódolos focegos, pois acabamos de perder a un dos mais entrañables personaxes, xa case inexistentes, que son o mais amable refrexo do talante dos pobos.
Dous artígos inclúe o Rompeolas: El deporte náutico, objetivo prioritario, de Culís, e La esperanza de una nueva singladura, de Fernando Montañés. Publícase tamén a relación nominal de socios, que naquel intre eran 395.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora