Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nin a familia

martes, 07 de junio de 2011
Vanme permitir que non mencione os lugares, coñecidos de todos, onde as pasadas eleccións nos proporcionaron cifras sorprendentes, que deberan chamar a atención dos partidos políticos como chaman a atención de todo o público.
Os partidos fan as listas como mellor saben, ou eso se supón, construíndo unha relación de candidatos a concelleiros con militantes que se supoñen son capaces de conquistar os votos dos seus convecinos.
Durante a campaña, os diversos componentes da lista implícanse na campaña con maior ou menor entusiasmo, falan en mítins, piden os votos, e implican a todos os que coñecen en conseguir o triunfo da correspondente lista.
Pois nas pasadas eleccións déronse varios casos en que algunhas listas non conseguiron tantos votos como membros que había na lista, co que se demostra que non só non os votou a familia, senón que nin eles mesmos votaron pola forza política que os implicou no proceso político das municipais 2011.
A razón desta desfeita poderá buscarse en que os partidos, con tal de presentarse en todos os concellos galegos, polo prurito de estar presentes en todo o territorio autonómico, botan man en ocasións de candidatos que non pertencen ó correspondente concello, o que a lexislación permite pero non ten moito sentido.
Á hora de formar candidaturas calquera criterio pode ser bo, e elíxense os máis populares, os de profesións que posibilitan o contacto co público, os que acceden a participar nun proceso, e algúns que se sacrifican pola súa forza política co fin de que esta non quede sin participar nun determinado concello.
Parece peor o remedio que a enfermidade, que participar porque si é unha tontería cando ninguén se cre unha participación exclusivamente nominal. Porque hai moitos candidatos ós que non os vota nin a familia, porque esta é quen mellor os coñece. Pero non votarse a si mesmos é o mellor exemplo de nulidade política.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania