Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menos mortos

martes, 07 de junio de 2011
O pasado mes de maio foi o que rexistrou menos mortos polo tráfico en Galicia desde que existen estatísticas. Sempre serán moitos, pero que baixen é unha noticia excelente.
Queren os entendidos que o resultado sexa a conxunción de moi diversos factores, entre os que podería estar unha menor circulación debida á crise e ó alto precio dos carburantes. Pero o que verdadeiramente incide é a melloría tan radical nas estradas, a preparación dos conductores, a mellora do estado do parque de vehículos e quizais –eso terano que dicir os repetidos estudos técnicos- a reducción da velocidade límite nas estradas e autovías.
Que a actual limitación a 110 é demasiado reducida é xeralmente aceptado, sen que se teña demostrado abondo que con esta limitación o aforro enerxético vai compensar colectivamente dos retrasos e impaciencias individuais. Pero o factor relativo á melloría das estradas e a renovación do parque de vehículos é algo xeralmente aceptado. Moito tamén terá que ver o traballo da Garda Civil de Tráfico que só coa súa presencia xa fan máis prudentes ós conductores, factor este da prudencia que sempre é e será vital.
Maio foi un mes con moita menos sinistralidade nas estradas galegas, pero aínda así os doce mortos rexistrados seguen a ser unha traxedia, aínda que sexan moitísimos menos que iguais meses de anos anteriores.
Temos que congratularnos de que este mes e moitos outros os mortos na estrada se reduzan, para evidenciar que non temos obriga de pagar esa renda vital monstruosa que as nosas vías viñeron esixindo durante tantos anos. Que haxa menos mortos debe satisfacernos, pero temos que tender ó imposible. Temos que aspirar a que a cifra de mortos desapareza, sabendo que calquera eventualidade pode provocar un accidente e unha morte pero sabendo tamén que comportándonos todos civilizadamente, cumplindo as normas, e sendo conscientes da responsabilidade de cada quen é o mellor xeito de conseguir que desaparezan os nosos mortos das estradas galegas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES