A Quenlla
Luaces, Xaime - lunes, 06 de junio de 2011
Un día destes, ás oito do serán, prendeu no Círculo das Artes de Lugo, o espectáculo que A Quenlla leva por toda Galicia, coa presentación do seu disco Unha vez foi un trebón que trata sobor da revolta Irmandiña; ista vez coa estimada colaboración do grupo de teatro e lecer do Colexio Fingoi, que escenificou os feitos deste acontecemento namentras os músicos daban o concerto.
Entre unha e outra interpretación de A Quenlla, os compoñentes do grupo de teatro recitaban, para logo presentar cada canción.
A representación actora estivo á altura, en xenio, dos xenios da Quenlla, facendo a descripción dunha revolución obreira que non puido chegar a seren exemplo, pois foi afogada polas traicións, que levaron ao asoballamento deste pais polos seus poderosos, con desprezo a eles mesmos e á explotación, esquilmo, asasiñatos e violacións ao pobo a quen lles deu o ser de seren nobres e non desalmados.
Saíndo do acto, baixándo as escaleiras que levan aos retretes do edificio, que desembocan nun tan longo corredor, que se me asemella estreito, veuseme á cabeza que despois de cinco séculos pouco cambiaron as cousas, a non seren nas formas, nos electrodomésticos, nos autos, nos avións... nas ferramentas de facer guerra.

Luaces, Xaime
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora