Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lista máis votada

lunes, 06 de junio de 2011
Nestes días de diálogos e pactos é cando verdadeiramente se decide o destino de moitos pobos ós que os votos non clarificaron abondo a vontade popular.
Porque esta, según parece, préstase a discusión. Para uns, debe gobernar a lista máis votada, que a fin de contas é a que concita maior volumen de vontades individuais, e polo tanto a que ten a maioría de votos corresponde a responsabilidade de sacar adiante o seu concello.
Para outros, ós que a Lei apoia, o resultado é simplemente unha operación de suma de votos, non existindo neste caso a necesidade de que os votos sexan homoxéneos. O mesmo se pode sumar PP que PSOE, Bng, ou Independentes. Todo vale para conseguir un total que garanta maioría no momento de constitución das corporacións e elección dos correspondentes alcaldes.
Dase o caso, deuse e darase, de que listas que obtiveron amplamente o favor popular resultan preteridas porque a suma do resto das forzas superan o número dos seus concelleiros. Non importa a filiación, sólo o número. Non importa que o apoio sexa tan efímero como a duración do pleno de constitución, e o goberno quede en permanente maioría.
Cabe pensar que os pactos desvirtúen o que inicialmente o votante pretendía, que era dar respaldo á forza política que máis o convence para que teña forza no concello, que cumpla o seu programa, e deixe clara unha executoria que responda á súa ideoloxía.
Co paso dos anos e das eleccións, coa maduración do sistema, a Lei deberá establecer que ocorre nestes casos para evitar permanentes provisionalidades, pero o da lista máis votada non parece que sexa unha opción que se vaia ter en conta agora nin nunca, porque sempre haberá intereses encontrados, e goberne quen goberne no goberno central, coa maioría que consiga, vai ser un tema difícil de consensuar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES