Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estes mortos

viernes, 03 de junio de 2011
Levo vivindo en Lugo algo máis de 46 anos, e a vida segue igual. Aquel Lugo de 1964 era un Lugo pequeno, con moita máis vida dentro de murallas. A cidade viña rematar á altura de Casa Corredoira, na avenida da Coruña. Desde alí, as casas comezaban a rarear, e cando chegaban a Frigsa xa o verdor dos campos podía coa cidade.
Para min, que viña dun pobo, parecíame Lugo unha gran cidade, na que pasaban poucas cousas. E aínda na miña etapa informativa había a crenza de que en Lugo nunca pasaba nada. E se pasaba algo, todo podía mudar para que non pasara.
Os anos aquí pasan máis lentamente que en calquera outra cidade. E cando sucumbimos ó pecado de viaxar levamos sorpresas desagradables ó comprobar que o marasmo que aquí sufrimos parece consustancial a nós, goberne quen goberne. Que ó mellor o problema non é dos gobernantes, sen dúbida feitos á medidas dos gobernados.
Dous presidentes de entidades afectadas chamáronme para confesar que a campaña de que “Lugo é caro” os encheu de carraxe, pero todos seguimos sufrindo a agresión publicitaria ("Yo no soy tonto") á que os medios deron alas previo pago do anuncio.
Esta campaña fana nunha cidade das que progresan, das que están vivas, e lévanas. Aquí non pasa nada, segue sen pasar nada. Así nos loce o pelo. E un pensa na emigración a calquera lugar con máis vida interior, aínda que o ambiente sexa de medio pelo. Pero, que lle imos facer!, case medio século de vida nunha cidade imprime carácter e moi posiblemente empezo a estar aclimatado; tamén un pouco morto.
En tempos, falábase dos homiños de Lugo, Dos puntales da cidade garantes da continuidade do sistema, mortos en vida. Claro que, como na película “Los otros”, os que non teñen vida pensan que os mortos son os demais.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES