Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

2026

viernes, 03 de junio de 2011
Hai anos dos que quedan lembranzas ou prefiguran acontecementos, que quedan marcados para a historia social. Así, para todos os humanos, 1929, por moitos acontecementos que tiveran lugar quedará para historia como o ano do famoso crack ameriano.
O ano 1949, George Orwell escribíu a gran novela de anticipación “1984”, augurando un “gran hermano” vixiante, que sometía ós humanos a unha vixiancia permanente. Houbo, eso si, un “Gran Hermano” anos despois, que só tiña parecido co de Orwell precisamente na súa denominación.
“2001” foi un ano mítico pola previa aparición da película que anunciaba para este ano descubrimentos reveladores dunha intelixencia superior capaz de crear un novo sol. Logo, este ano pasaría á historia polos tráxicos acontecementos do once de setembro.
Quedaba a data de 2012, onde remata o calendario maya, polo que para daquela se vaticina o fin deste noso mundo.
Pois agora xa temos un ano máis que engadir á relación de anos míticos: 2026. Para este ano anúnciase que vai estar recuperado en España o ritmo de crecemento do emprego e superación da crise, co que teríamos aínda por diante quince anos máis de dificultades como as que agora estamos a sufrir.en razón inversa ás potencialidades de cada quen.
Posiblemente só sexa unha especulación máis, e podemos recibir boas noticias moito antes de que chegue ese ano. Se está ben estudiada a data e o tempo que nos falta para chegar a ela, largo nos fían a recuperación. O malo é se as cousas veñen aínda máis torcidas, e como 1984 ou 2001 o ano 2026 pasa á historia, pero non polas previsións senón por calquera outro acontecemento que, como case é lóxico, hanos coller desprevenidos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania