Autoritario, non totalitario
Cardalda, Theo - miércoles, 01 de junio de 2011
O pasado xoves presentaron O Rei e maila ministra Sra. Sinde, unha monumental colección de 50 tomos do Dicionario Biográfico Español da Real Academia da Historia que custou ao erario público 6.4 millóns de euros.
O Dicionario comenta sobre o ditador Franco o seguinte: o nomean como autoritario, non totalitario non fai nin unha soa referencia á represión do seu réxime. Comenta que era un home de frío valor no campo de batalla. Tamén o valora como estratego militar de altura que deu consellos ao presidente de EEUU Johnson desde un punto de vista militar.
O autor desta recensión do Caudillo-Dictador é Luís Suárez Fernández, un historiador vinculado a Fundación Francisco Franco. Sexa serio, deixe de revisar á Historia, e si o fai, fágao coa máis rigorosa obxectividade, non con mentiras goebbelianas e dogmatismo para no seguir confundindo aos españois. O Sr. Súarez, esquece que o ditador Franco ao tomar o mando como militar, xurou fidelidade á República. Quen traizoa ese xuramento é un traidor, e tódolos que o apoiaron ( e apoian) tamén son uns traidores. Así de sinxelo.
Realmente este país necesita unha limpeza a fondo e unha rexeneración ética de amplo calado, unha segunda transición de ruptura con ese pasado de terror e mentiras. Xa vai sendo hora de sacar das institucións do estado a toda esa horda fascista infiltrada.
É alucinante o que está a pasar; España ten que facer eses deberes como o fixeron os alemáns, italianos coa súa historia; neste país non hai unha verdadeira conciencia do horror e terror dos réximes represivos, fascistas e ditatoriais. Se os ditadores xenocidas Hitler, Mussolini e Salazar non tiveron herdeiros políticos. ¿Porqué os españois os temos de Franco?. A transición política que se fixo foi un erro, daquelas augas veñen estes lodos.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora