Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lugo e Ourense tamén existen

viernes, 30 de julio de 2004
Tivo éxito mediático a campaña promovida en Teruel contra o esquecemento daquela terra: “Teruel también existe”. E a campaña non ven máis que reflectir a actividade que está tendo lugar naquel anaco de Aragón, onde un parque temático dos dinosaurios estase evidenciando un excelente reclamo para facernos acudir a Teruel dos Amantes.

Teriamos que facer algo así relativo á Galicia oriental. Porque senón, desde Madrid ou Barcelona, que entre as dúas cuadruplican a cifra de galegos residentes no País, poden chegar a pensar que non existimos.

Ven a conto porque, entre outros moitos exemplos, “La Gaceta de los Negocios” nun dos seus últimos números menciona os puntos de venta nas costas de España. Entre as provincias, Coruña. E dentro de “Coruña”, Foz e Viveiro.

Foz e Viveiro son da costa, pero da provincia de Lugo, aínda que moitos pensen que Lugo non ten costa. Moitos pensan -probas escritas hai- que Lugo é a cidade máis importante do sur de Galicia, pertencente á provincia de Pontevedra, aínda que agardemos que sexan unha mínima minoría.

Pero non nos sobraría nada unha campaña do xeito da de Teruel para lembrar a todos que Lugo e Ourense non só existen senón que en moitos aspectos poden levar dianteira sobre as máis sobranceiras de Galicia.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES