Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

“Indignádevos!”

miércoles, 01 de junio de 2011
Ese é o título dun pequeno libro de Stéphane Hessel, publicado neste ano pola editorial Destino. O seu autor, de orixe alemán pero residente en París, naceu no ano 1917. Conta, pois, nada menos que con 94 anos de idade e con un currículo que pasa pola resistencia á ocupación nazi en Francia, o apresamento pola Gestapo e a carreira diplomática: foi embaixador de Francia ante a ONU, ademais de ser un dos redactores da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e defensor da causa palestina.

Por que este preámbulo?... Porque detrás da “movida” xuvenil tan publicitada polos medios, que comezou mesmo antes das eleccións e ocupou en plan de acampada libre as principais prazas das nosas cidades, comezando pola praza da Porta do Sol en Madrid, está este señor; mellor dito, as ideas que plasmou nesta pequena publicación.

“Indignádevos!” pasou de ser o título dun libro a unha chamada á protesta e á rebeldía xeneralizada. Porque, citando as súas palabras, “o interese xeral debería primar sobre o interese particular, e o reparto xusto das riquezas creadas polo mundo do traballo, sobre o poder do diñeiro”; “unha verdadeira democracia necesita unha prensa independente”; “os bancos, privatizados, preocúpanse en primeiro lugar dos seus dividendos e dos altísimos soldos dos seus dirixentes”; de aí que hai que “indignarse” ante “a ditadura dos mercados financieiros”.

Seguro que nunha primeira lectura nada novo nos aporta Stéphane Hessel… Onde está, pois, a forza desta chamada? En primeiro lugar en que a sociedade en xeral, e particularmente a xente nova, está cansa de tantas promesas incumpridas, de tantas palabras baleiras e, no fondo, das consecuencias dunha crise que afecta gravemente ao seu presente e ao seu futuro.

Tamén porque quen lanza esta chamada á indignación non é un teórico, senón un señor que conta no seu haber cunha longa traxectoria de loita e compromiso pola xustiza, a liberdade e a dignidade das persoas, que, a pesar dos moitos anos, no deixa de dicir o que en conciencia pensa e sinte neste momento.

E terceiro, porque ía sendo hora de que esa xuventude, tantas veces anodina e acomodada, pero tamén sen oportunidades para abrirse o seu futuro, espertara e se “indignara” ante os causantes da actual situación de crise financieira e económica.

Lóxicamente non subscribimos todos os eslogans, denuncias e expresións destas asentadas xuvenís. Nin tampouco xustificamos as incomodidades que están causando á cidadanía das urbes importantes. Pero no fondo teñen moita razón. Xa ía sendo hora de que as novas xeracións alzaran a súa voz e se “indignaran”.
Tomarán nota os responsables desta situación?
Rodríguez Basanta, Antonio
Rodríguez Basanta, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES