Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tavesía do deserto

martes, 31 de mayo de 2011
A cada forza política lle toca, algunha vez, facer unha travesía polo deserto, que só no nome se parece a aquela dos israelitas na percura da Terra Prometida, que durou corenta anos porque as voltas e reviravoltas son a imaxe simbólica dos que buscan un fin (unha terra) sen saber con exactitude que camiño tomar.

Moitas veces non hai unha soa travesía, senón moitas. E son pequenos recorridos nos que as colectividades purgan quen sabe que culpas, á vez que se preparan para novas acometidas.

Moito sabe deso o Pp que, nos tempos da democracia, se supón que foi a primeira forza política que camiñou en solitario, con rumbo impreciso, para librarse de lastres e chegar lixeiro de equipaxe a unha terra soñada que podía ser súa.

En Galicia, parece como se o PP encontrase de novo un porto seguro no que desembarcar e asentarse nos numerosos concellos ós que arribou con vento forte, mentras as outras dúas forzas políticas con representación maioritaria nos concellos – PSOE e Bng- lamentan paraísos perdidos gloriándose nas victorias conseguidas en determinados territorios, refuxios desde os que seguir a loita política interminable.

O Bng, en difícil harmonía identitaria, conténtase con ser chave en gobernacións problemáticas. O PSOE, empeñado nunhas primarias desarboladas desde o principio, segue a manter o tipo nun tempo difícil no que hai que recoñecer que lle tocou o peor papel.

Os desertos son superficies inmensas, áridas, que hai que recorrer coidando non ser enganados pola inmensidade e a a monotonía. Os desertos políticos son aínda máis inmensos, máis áridos, máis solitarios. Sorte teñen os políticos que poden recorrelos colectivamente. Son aínda máis inmensos, máis áridos, máis duros, para os que teñen que recorrelos en solitario.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES