Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hai 50 anos: Ricardo Pena

martes, 31 de mayo de 2011
Hai 50 anos: Ricardo Pena Sempre Ricardo Pena na lembranza.
--------
Polos anos 60 do século pasado, editábase en Foz a revista A Rapadoira, que no seo da Asociación homóloga, promovera e dirixía Suso Fernández. No número de xuño de 1961, da súa autoría, co pseudónimo de “Vindoiro”, publicaba o seguinte artigo:

BURELA: UN ALTO NO CAMIÑO

Viaxando pola costa lucense, é fácil saber - aínda que non se coñeza - cando se chega á vila mariñeira e iudustrial de Burela. As altas chimeneas das súas importantes industrias, o contínuo ir e vir de obreiros e medios de transporte das diversas empresas, e sempre a sirena dun buque á altura da Pena de Burela – xemelga da nosa “do Altar”- son matices que delatan a súa presenza.

Burela – fermosa vila alzada sobre o duro pedestal do traballo continuo dos seus moradores – fai un alto no continuo bregar para festexar aos seus excelsos patróns Nosa Señóra do Carme e San Xoan, Os homes bureleses – sal, brisa e iodo nas facianas – esquecerán por uns días as faenas do mar para honrar a Aquéles que por eles velan nas difíciles singraduras, e en Quen asemesmo confían Co mesmo afán, con idéntico entusiasmo e igual esperanza, con que enfilan as proas das súas boniteiras mar adentro, os bureleses lobos de mar, vivirán estes días de festa en terra, porque en todalas actividades, nos seus quefaceres, poñen sempre o corazón.

Burela é sempre e, de xeito especial nestes días, parada e fonda. Porque alí, onde todo é traballo, contínuo laborar; onde o ocio é algo descoñecido; onde, como diría Alvaro Paradela, todo “cheira a pan”, desvía unha migaxa o seu rumbo cotián para abrir as portas de par en par e que o aire da cordialidade, a convivencia e a proverbial xenerosidade, invada os fogares dos seus nobres moradores.

O carácter aberto e hospitalario, o programa extraordinario dos festexos, o exquisito marisco e, ¡cómo non!, a beleza das súas mulleres, todo reclama a nosa presenza e nós, fieis á tradición, e amigos da “dolce vitae”, acudiremos estes días a Burela, vila veciña e amiga á que admiramos e queremos. Mariñeiros de Burela, ¡avante sempre!
------------------
(E hoxe, 50 anos despois, a nostalxia dos tempos mozos, fainos lembrar aqueles versos de Campoamor: “las hijas de las madres / que amé tanto, / me besan ya / como se besa a un santo”, aínda que, a estas alturas, mais que ás nais, lembraremos ás avoas…Boas festas).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES