Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marihuana nas farmacias

jueves, 29 de julio de 2004
A actualidade sorpréndeme sempre.
A nova de "Marihuana nas farmacias" en Cataluña, impactoume, pensando que se ía tomar drástica decisión sobre o gravísimo problema da droga, agarrando o touro polos cornos. Logo a cuestión aclárase indicando que se trata de expender nas farmacias catalanas esta droga para tratar casos de cancro e esclerose múltiple, por considerala beneficiosa nestes duros tratamentos.

Eso está moi ben. Pero o tema segue ahí, cada vez máis vixente: A droga ten vertentes sociais, económicas e sanitarias. Quizais atendendo decididamente os aspectos sanitarios terían comezado a solventarse os económicos e os sociais. Porque a dificultade do drogadicto para conseguir a droga que precisa ten unha "complicación" económica que orixina ou agrava o problema social.

Por eso, moitos dos que traballan no tema da erradicación da droga abogan porque os afectados poidan ser tratados como enfermos e expedirlles a droga como a medicina que precisan, evitando o custe económico-social ás familias e á sociedade.

Pero é un problema que vai para largo, porque a sociedade ten moito que avanzar ata asumir este feito como posible solución drástica, quitándolle papel nel ás mafias, ós narcotraficantes, ós explotadores da miseria, para abordar dunha vez o aspecto sanitario que abondo significa neste inframundo da droga, eliminando previamente os aspectos que poden e deben eliminarse de raiz.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES