Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os pedagogos indignados

lunes, 30 de mayo de 2011
A escola da vida

Hai algún tempo, faláballes da medida que, dende o Estado, se tiña tomado sobre a incorporación de 1.200 orientadores laborais para axudar ós parados na mellora dos seus itinerarios, e, así, conseguir reincorporalos ao mercado laboral. Pero para que fora levada a bo termo, diciamos que se deberían contratar os profesionais mellor preparados nesta materia: os pedagogos.

A Galicia tocáronlle 109 orientadores. Pero como este goberno parece que non sabe do que se está a falar, decidiu contratar para as oficinas do Servizo Público de Emprego o persoal menos axeitado: diplomados en relacións laborais, traballadores sociais e graduados sociais. E non dicimos menos cualificado dende un afán corporativista, senón dende a perspectiva de que na súa formación non recibiron o máis mínimo adestramento nas funcións da orientación laboral.

Ante a denuncia da Asociación profesional de pedagogos e psicopedagogos de Galicia (Apega) por esta intromisión profesional pola vía da Administración, a Consellería alegou que na súa normativa se recollen os mencionados como posibles candidatos. Non se sabe quen propuxo esta normativa, pero non debeu de consultar o currículo formativo á hora de facela.

Rectificar aquí sería de sabios, non obstante parece que, ante a chamada de atención, a decisión tomada é inapelable, pese a quen lle pese.

O feito é que estes orientadores desorientados deberán traballar á par doutros do grupo superior, é dicir, do de licenciados e non do de diplomados, que entraron por oposición hai aínda pouco tempo, e que suman un total de 167. Así que, calquera parado que solicite o servizo de orientación, case ten a metade de posibilidades de caer nas mans dun orientador ou dun desorientador.

Ante tal desbaraxuste, os pedagogos puxemos o berro no ceo ao entendermos que os servizos que se lles deben prestar aos que xa teñen a mala fortuna de non atopar traballo deben ser o máis profesionais e eficaces posibles, e que con estas inxerencias o único que se consegue é descualificar unha área cunha boa progresión no eido da mellora dos procesos educativos e laborais das persoas.

A única pretensión dunha decisión tan desacertada quizais sexa a de cubrir o expediente e aforrar algúns cartos para destinalos a outros fins non confesables.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES