Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Votos, pactos, política

lunes, 30 de mayo de 2011
Para que os que pensen que unhas eleccións deixan as cousas no seu sitio para un determinado período de tempo, este é o tempo da auténtica reflexión, de comprobar como o resultado duns comicios pode ter tan varias solucións.

Cando un partido, referíndonos xa a estas pasadas eleccións, obtén a maioría absoluta para gobernar en solitario, nada hai que especular, que “o pobo é quen máis ordena” e ordenou camiñar baixo unha determinada bandeira. Pero as maiorías absolutas – das que renegan as que non as obteñen-, son difíciles de obter, porque tamén é difícil que todo un pobo, un concello neste caso, se pronuncie de xeito tan marcado por unha determinada opción.

Cando os votos fixeron saber a decisión popular, entra o momento dos pactos. E as forzas están agora especulando como poder conseguir unha maioría absoluta ou relativa, para gobernar coa forza das cifras ou negociar a cada paso as decisións a tomar.

E existen pactos considerados “natura”, por ser forzas relativamente afíns, ou “antinatura” porque a priori parece imposible que teñan un posto de vista harmónico común.

Todas as posibilidades se baraxan estes días, que a "natura” non parece influir nas especulacións, e se moitos consideran que BnG e PSOE teñen todas as perspectivas de conseguir acordos, hai quen considera que se esa conxunción é posible, tamén o é entre o PP e o Bng que, se hai distancia, toda lonxanía é salvable, e de todos cos independientes, converxencias ou galeguismos.

Nesta estamos, agora que os votos parecen xa tan lonxanos, os pactos están no aire pero ó alcance das mans, e a política señorea todo, que agora todos son dialogantes, todos poden chegar a pactos, todos poden confluir sempre que o programa que cada un leva poida ser cumprido.

Todo, polo ben dos concellos, pero tampouco polo mal dos seus servidores. Todo estará ben se se conseguen gobernos estables que fagan camiñar as súas comunidades en calquera das múltiples direccións correctas.

Que a política non vicie os pactos. E que os pactos e a política non desvirtúen os votos. Porque se así fose, uns e outra perderían toda a súa razón de ser.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania