Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Daniel Varela Piñeiro

jueves, 26 de mayo de 2011
Homenaxe de "Amigos da Muralla" ó seu Vicepresidente

A xenerosidade do Presidente desta Asociación permíteme redactar e ler uns editoriais froito das miñas querencias personais, que inmediatamente son asumidos por el e polos membros de Amigos da Muralla, producíndome unha grande satisfacción e agradecemento porque todos comulgamos na común devoción pola Muralla e formamos un colectivo que a pesar da evidente variedade ten unha homoxeneidade manifesta.
Para que esa homoxeneidade cristalice fan falla persoas que actúen de catalizadores, persoas que coa súa vida, coa súa entrega, coa súa participación e presencia provoquen unión, xeneren entusiasmo, impartan unha permanente lección de paz.
Por eso estamos hoxe aquí, porque nos falta físicamente unha desas persoas, que en vida estimamos e coñecemos polo nome de Daniel Varela Piñeiro.
Pola xenerosidade que antes mencionei, eu son un dos vicepresidentes da Asociación de Amigos da Muralla. O outro era Daniel Varela. E se o meu recoñecemento por ostentar este posto é grande, dun xeito absoluto, máis o é dun xeito relativo. Porque se o outro Vicepresidente resulta ser Daniel Varela Piñeiro, eso quere dicir que é un posto verdadeiramente importante.
Con esa fixación que os anos e as xentes van deixando na nosa memoria, eu quedeime coa imaxe hai moitos anos dun Daniel Varela Piñeiro que era Presidente da Cámara Oficial da Propiedade Urbana. Foino durante 22 anos, pero para min era como se o fose durante toda a vida.
Daniel para min ocupaba tamén de xeito permanente un escano da Deputación Provincial onde foi 8 anos vicepresidente e 19 anos deputado. E Presidente da desaparecida Caixa de Aforros provincial de Lugo. E pai de dez fillos. E veterinario secretario do Colexio Oficial de Veterinarios durante 33 anos.
Hai uns anos, cando nace esta asociación, somos compañeiros na devoción pola muralla, de igual a igual, ben sabendo eu que a súa estatura profesional e humana quedaba moitos codos por riba da miña participación. Pero, pola súa xenerosidade, sempre fomos iguais, que como un igual me tratou sempre.
E desde ese posto de compañeiro na asociación, ollando hacia o que tan dignamente desempeñaba o amigo que se foi, ríndolle verbal e garimosamente homenaxe – no nome de todos os que formamos a Asociación de Amigos da Muralla de Lugo – e lembro con admiración e respecto a quen tantas veces ocupou este lugar para falar a todos os presentes da súa querencia, da súa ilusión, da súa paixón pola nosa Muralla romana.
Os presentes van ser agasallados con un libro de Daniel Varela Piñeiro, editado pola Asociación de Amigos da Muralla, libro do que fomos sabendo por entregas, xa que en cada sesión científica –no caso de Daniel si que podemos chamarlle así- el ía analisando tramo a tramo, paso a paso, os acontecementos que foron marcando o rumbo da muralla lucense, desde os seus tempos máis escuros ata estes tempos nos que o monumento, gozando da distinción de ser “Patrimonio da Humanidade” ten relevancia mundial e figura no primeiro lugar das nosas querencias arquitectónicas.
Daniel Varela, tramo a tramo, porta a porta, foi abríndonos camiño no coñecemento da muralla, facilitándonos datos esenciais ou complementarios para que, coñecendo os detalles, fosemos tomando conciencia da xoia coa que ós lucenses nos agasallou a historia. E sempre coa mirada posta nese paseo interior, anceiado e que iremos conseguindo pouco a pouco, que estamos conseguindo pouco a pouco, e que Daniel só puido ver realizado en parte.
O libro que resume as súas intervencións nestas xuntanzas da revista oral “Ronda” dos Amigos da Muralla, é como o seu testamento para os que fomos os seus compañeiros e soñamos para a Muralla un futuro esplendoroso, sabendo que ese esplendor da muralla vai repercutir de xeito moi directo neste pobo bimilenario que o necesita e o merece.
Esta celebración de hoxe na honra de Daniel Varela Piñeiro, dirixida de xeito moi especial hacia a súa viuva, Maria Suanzes-Carpegna y Torres – Marujina-, e hacia a súa numerosa familia, é un xeito de levantar acta verbal do agarimo que Daniel despertaba en todos nós; da admiración que nos provocaba ese traballo exhaustivo, detallado, fervoroso; do entusiasmo que orixinaba en nós por contaxio do seu fervor pola muralla; da harmonía que se respiraba só coa súa presencia; da paz que reinaba onde estaba Daniel.
Descanse en Paz a alma de Daniel Varela Piñeiro, compañeiro e amigo, que sempre estará entre nós mentras exista a muralla, mentras sigamos sendo amigos dese monumento... mentras consideremos que a Muralla ten un ánima que lle da unha vida que só podemos apreciar os que ó pasar á súa beira vemos moito máis ca un conxunto pétreo unido dun xeito harmonioso.
Daniel Varela contribuíu en gran maneira a que todos víramos a Muralla dun xeito máis profundo, máis humano... que aprenderamos a querela moito máis forte... que aprenderamos a valorala cada día máis ata intentar facerlle xustiza.
Por eso, hoxe, Daniel Varela está de novo connosco. E todos nós, sentímonos aínda máis unidos a el porque nos acompaña a súa familia. Todos nós sentímonos hoxe parte da familia de Daniel Varela Piñeiro. E estamos seguros que el, paseando na Muralla de soños que todos queremos para o noso descanso definitivo, tamén nos está admitindo como membros desa gran familia.
Ata sempre, Daniel, compañeiro, amigo.

(Texto-Editorial da revista oral RONDA, do pasado 2/5/11)
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania