Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os condóns da señora Ministra

miércoles, 28 de julio de 2004
Escoitar pola radio á señora Ministra de Sanidade e Consumo falar do condón sorprendeume. E veume lembrar a miña xa longa permanencia nos medios de comunicación.

E posto a recordar vellos tempos, fíxoseme presente que cando a comezos dos setenta pretendín publicar unha "Guía médica radiofónica" en Radio Popular, e fun recabar a correspondente autorización no Colexio Médico, o Presidente do colectivo negouma por considerar que era impropio que os médicos se anunciasen pola radio xa que "el tema podría degenerar, llegando a los extremos de la República, cuando hasta los preservativos se anunciaban publicamente a través de carteles que se colgaban en las paredes".

Non hai aínda hoxe, que eu saiba, guía médica - alomenos na emisora para a que eu a pretendía - pero sí, afortunadamente, se anuncian os preservativos a través de tódolos medios e os gobernos impulsan a súa utilización para evitar contaxios de enfermidades de transmisión sexual.

O que pasa é que seguimos sendo delicados á hora de falar do tema, e chamámoslles "preservativos", coidando que o de "condóns" resulta máis vulgar. Pois a señora Ministra encárgase de dicirnos o contrario, e aboga pola fala popular como o mellor xeito de entendérmonos.

Lembro que cando se trataba -naquel vello tempo de radio- de poñerlle unha funda protectora ós micrófonos falabamos de "condóns". Pois eso: Gracias, Señora Ministra, pola campaña e pola normalidade da palabra.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES