Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sostibilidade municipal

jueves, 26 de mayo de 2011
Adóitase falar a cotío de sostibilidade, referida a que a nosa incidencia no mundo que nos rodea permita que ese mundo siga existindo, que as nosas actividades sexan compatibles co entorno natural para que as xeneracións que nos sigan teñan un mundo semellante ó que nós recibimos.
Pero hai outra sostibilidade, a dos concellos, que parece imposible de conseguir, non pola súa actividade e incidencia exterior senón pola pura pervivencia e autofinanciación.
O Ministerio de Economía está empeñado en que as autonomías conteñan os seus orzamentos, e que os concellos axusten os seus gastos ós ingresos que perciben.
O Ministerio descobre que algo máis da terceira parte dos concellos galegos son económicamente inviables, xa que non poderían pagar os gastos máis básicos se non recibisen as correspondentes transferencias de axuda da Xunta de Galicia ou do Estado. Son pequenos concellos de menos de tres mil habitantes, que teñen importantes gastos de persoal e por prestación de servizos en virtude da asunción de todas as prestacións que nos últimos tempos os concellos foron incorporando ás súas tradicionais funcións.
A situación, problemática por natureza, pon en entredito a independencia municipal, imposible se non hai independencia económica. E mantén a máis de cen concellos galegos a expensas das axudas doutras administracións, cos seus correspondentes problemas, e coas súas querencias políticas.
Os próximos anos, moitos concellos galegos deberán plantearse a súa mesma existencia, e a conveniencia de unirse a outros limítrofes, primeiro para prestación de servicios que permitan facelo, e logo de xeito definitivo para poder subsistir.
A sostibilidade municipal precisa un importante axuste, que se producirá dun xeito ou outro. E non pode agardar moito tempo. As corporacións resultantes destas recentes eleccións deberán poñerse ó labor, que é urxente e vital.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES