Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enfermidades xenéticas

miércoles, 25 de mayo de 2011
É ben coñecido que a Bioloxia éunha ciencia que estudia a vida.
Aínda que moitas das circunstancias da nosa vida, a que vivimos cada día, escápanse do campo da Bioloxía.

Exemplos neste senso son os temas relixiosos, sociais ou económicos entre outros moitos. Polo contrario, unha parte central da Bioloxía é a Xenética, coñecida alomenos de sona, pero á vez descoñecida, por moitos de nós. Falar de que algo é xenético é considerado ás veces sinónimo de algo fixo, determinado, poderoso, que ninguén pode modificar. Unha enfermidade xenética considérase como un dos peores males que afectanon non só á persoa que a padece, senón tamén ós seus familiares. Isto non sempre é certo, aínda máis, non é certo nas enfermidades xenéticas máis comúns.

Neste punto, é preciso diferenciar entre dous grandes tipos de enfermidades xenéticas, as causadas por efecto dun único xen, e as causadas polos efectos de moitos xenes. Os xenes son unidades básicas dos seres vivos que teñen a información necesaria para crear proteínas, elementos fundamentais dos nosos corpos.

As enfermidades xenéticas causadas por efecto dun único xen son xeralmente raras. Afectan a poucas persoas na poboación. Pero teñen un efecto moi significativo nas persoas que as padecen.

Enfermidades máis comúns e con maior impacto na sociedade inclúen as enfermedades cardíacas, vasculares, o cancro, a diabete, a obesidade... Istas teñen unha base xenética máis complexa. A tendencia a padecelas depende de moitos xenes distintos e, moi importante, da acción do ambente.

Ambente en Xenética é calquer factor que non é xenético. Exemplos son a dieta, o tabaquismo, os axentes carcinoxénicos, etc. Unha persoa pode ter un defecto xenético que predispón á diabete pero non padecer isa enfermidade, xa que dito defecto non é suficiente para o seu desenrolo. Outra persoa pode non ter predisposición xenética a padecer obesidade, pero o ambente pode ser o factor decisivo que a desencadene. A combinación de xenes e ambente é tamén moi importante. De todos é sabido que dúas persoas poder fumar o mesmo e unha delas padecer cancro de pulmón e outra delas non.

Neste caso, ademáis do azar, os defectos xenéticos poden ter un papel fundamental.
Rodríguez López, Santiago
Rodríguez López, Santiago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES