Senadores
Editorial - miércoles, 25 de mayo de 2011
Tendo en conta que boa parte das películas que o mercado e as televisións nos ofrecen son de factura americana, non é extraño que nos fixemos nalgúns dos seus costumes, dos seus xeitos de vivir, que se nos ofrecen como paradigmas de liberdade e modernidade, para que os tomemos como exemplo. A fin de contas, o cine ven ser como calquera outro mecanismo este, moito máis ostensible e efectivo- médoto ou instrumento de colonización mental ós que estamos sometidos..
Un dos elementos máis repetidos en calquera destas películas é a unción coa que se pronuncia o nome dos Estados Unidos de América, que debera motivarnos para considerar que España é unha unidade similar, a nosa, da que andamos a fuxir a cotío.
Pero o que sae a relocir en moitos destes filmes é o carácter case sacrosanto que se asigna ós senadores, ós que se lles asignan papeis de investigadores, defensores a ultranza da legalidade, pescudadores de irregularidades oficiais, representantes do máis xenuino americanismo en calquera lugar do mundo no que se atopan.
Certo que a democracia americana leva moitísimos máis anos entronizada que a nosa por agora flebe e moza convivencia común. Pero xa que temos que someternos en tantas cousas ás influencias culturais externas, tomemos nota dalgunhas cuestións que os fan máis grandes e poderosos.
Xa nos gostaría que os nosos representantes deputados, senadores, congresistas, alcaldes- fosen así de estimados, respectados e considerados. Xa nos gostaría que os nosos representantes deputados, senadores, congresistas, alcaldes- merecesen esa consideración, esa estima e ese respecto.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora