Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os “indignados” e as Eleccións

martes, 24 de mayo de 2011
A crítica ao bipartidismo, e tamén a esta Lei Electoral inxusta que lles favorece, é ata o momento os alicerces pola cal se moveron os mozos en Madrid e capitais españolas co Movemento 15 M, denunciando unha estrutura antidemocrática que converte a farsa
electoral na lexitimación do sistema. Desde o poder permitíronlles as acampadas na xornada de reflexión, porque nunca se pediu o voto para ningunha formación política, nin para a abstención, voto en branco ou nulo.

Esta iniciativa coincidiu coa celebración dunhas eleccións municipais e autonómicas, onde uns días despois das eleccións todo segue igual co bipartidismo. Agás no País Vasco onde un pequeno partido como Bildu acada unha vitoria sen parangón. Nada trocou, por moito que nos digan dunha contundente vitoria de uns contra os mesmos, por moito que nos falen din novo mapa político, todo seguirá igual para os “indignados” e para os cidadáns que non
comungamos con rodas de muíño . Estes dous xemelos políticos, seguiran falando de democracia que só quere cidadáns mudos, submisos que cada catro anos vaiamos ás urnas
mansamente a votar.

Mentres non haxa unha reforma xusta da Lei Electoral, seguirá o mesmo “panem et circenses” e sen unha “Democracia Real Xa”.
¿Pode ser certo que esa maioría do PP e PSOE lexitima este sistema?. As cifras oficiais poden axudarnos: no 2007 estes dous partidos acadaron algo máis de 15 millóns de votos. Nesta vez,
perderon case un millón aumentado os sufraxios a outros partidos.

O voto en branco e o voto nulo aumentou en case un millón, acadando un cota histórica desde o ano 1979. Falan os do
PP , tratando de confundir, que venceron cunha “abrumadora maioría” , non chega nin ao 20 por cento da poboación, tomando como referencia aos electores que se absteñen, nulos e
brancos que suman 12, 7 millóns de cidadáns.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES