Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reviravolta de campionato

martes, 24 de mayo de 2011
O peixe nada polo río Arnoia abaixo ao mesmo tempo que come todo aquilo que se mete na súa boca aberta. Boca que se abre aínda un cacho máis cando, xusto no medio e medio da Pitediña, se cruza cunha troita desas de armas tomar, é dicir, guapa, espelida e cunha graza dándolle á cola que o pobre peixe boquea. Coma cando se atragoa un. Un peixe, quero dicir. Os peixes tamén se atragoan. Penso eu.

Axiña lle entrou a dúbida e as présas... que fago, sigo ata a ponte vella ou pego aquí unha reviravolta de campionato? A reviravolta sería, por suposto, para fachendear e o de seguila sería para facerlle as beiras. Faltaría máis! O tempo apremaba e a troita empezaba a esfumarse. Ai Deus! Ai Deus!, que fago? E xusto ao pasar por debaixo da pasarela que cruza o Arnoia á altura das Mestras, o noso amigo peixe fachendeou, presumiu: realizou a famosa reviravolta cun estilo tal que xa quixeran algúns ximnastas olímpicos facer o mesmo. E esprintou de tal forma (ou sexa, nadou) que nin o tal Carl Lewis nos seus mellores tempos correría a esa velocidade. Nin Ben Johnson.

O peixe subía polo río Arnoia como alma que leva o demo. Pero quen realmente levaba a súa alma era unha troita guapa, espelida e con graza.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES