Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Indignados

martes, 24 de mayo de 2011
Poden recibir moi diversos nomes pero responden colectivamente á denominación de “15M” acreditando o día da súa presentación pública en Madrid, e nas principais cidades do Estado.
Non parecen responder a ningunha convocatoria, tendo comezado por unha concentración que se vai retroalimentando, incrementando, animando, de xeito que parece imparable un colectivo que non se recoñece como tal pero remata sendo multitude.
Como resentidos ou cabreados teñen aparecido anteriormente grupos presumiblemente antisistema, pero o que agora aparece non se confesa tal senón que os milleiros de participantes queren que se profunde na democracia, resultando tremendamente atractivos porque rexeitan a partitocracia que nos rixe, abogando por unha democracia efectiva, diferente.
Estamos en tempos nos que as concentracións poden alcanzar dimensións inusitadas en poucos días, e temos moi preto os exemplos de Túnez e Exigto, por non mencionar outros máis sanguentos. Certo que estes movementos xorden en paises sen democracia, nos que a xente nova esixe apertura e goberno popular, e nalgúns casos conségueo.
Nada que ver este movemento con aqueles, máis que o nacemento de concentracións populares descontentas co que os rodea, agudizando este descontento o paro, a falta de perspectivas para o futuro, a falta de protagonismo social da mocidade.
Compáranse estas concentracións pacíficas coas que deron orixe ó maio do sesenta e oito en Francia, que revolucionaron aquel vello mundo e deron luz ó que daquela nacía. O certo é que, superadas as decisivas eleccións municipais, non parece que este movemento remate aquí senón que ten nacido con previsión de futuro.
Pouco importa que estes indignados, numerosos e agrupados intuitiva e entusiasticamente, poñan nun brete ó goberno por non implicarse de xeito decidido na súa disolución ou que a súa repercusión exterior inflúa na prima de risco ata situala no máis alto dos últimos meses. Están aí, e aparecerán de novo – se é que desaparecen- cando menos se lles espere; naceron de xeito imprevisto, e poden chegar a ser decisivos na marcha deste país. Porque a indignación é contaxiosa, e hai moitos motivos para que nos indignemos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES