Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vida e Administración

lunes, 23 de mayo de 2011
Vida e Administracin Dedicamos á Administración os máis importantes dos nosos esforzos. Primeiro, en formación; logo, en dedicación. Sempre, en servizo.
Pero o que os funcionarios nunca debemos esquecer, polo noso ben e o dos que nos rodean, é que hai vida despois da Administración. Que despois de prestar a nosa función ó servizo do público, quédanos tempo ou debe quedarnos para ter vida propia, para dedicarlle esa vida á familia, ós amigos e a nós mesmos.
Ese anaco da vida dedicada a nós mesmos, que non lle sustraemos á Administración senón que é outra faceta do noso ser de propiedade inalienable, pode manifestarse de moitas maneiras que van desde o deporte (“mens sana in corpore sano”) ó asociacionismo, pasando por traballos manuais, viaxes, formación, entretemento ou festas, ten unha das súas máis altas manifestacións na creación artística, e seis grandes artes existen case desde o comezo dos tempos que pasaron a sete no pasado século, e neste forzosamente teñen que aumentar diante das posibilidades creativas que dan os novos medios de expresión.
Cada ano, a Fsp-Ugt Galicia, xunto coa E.G.A.P. (Escola Galega de Administración Pública) e a Asociación Galega de Arte e Cultura, convoca nas Letras Galegas unha Mostra Colectiva das Artes e das Letras dos Empregados da Administración Autonómica Galega, que este ano chega xa á súa VII edición.
Cada Mostra é un exemplo desa Vida que nos anima ós que desempeñamos tarefas ó servizo da Administración e dos administrados, esa vida que ferve en nós e que fai (“soñemos, alma, soñemos”) que nos expresemos literaria ou gráficamente para dar saída a sentimentos que non se poden manifestar doutro xeito. E sentimos en prosa ou en verso, sentimos esculpindo ou pintando, facendo cómplices das nosas inquedanzas ós que se acheguen a estas obras, que son anacos da nosa vida.
E se estas expresións vitais son imprescindibles para a nosa realización persoal, tamén repercutirán na Administración. Que todo o que como seres humanos melloremos, nos perfeccionemos, nos realicemos, vai manifestarse de xeito directo nos nosos comportamentos diante dos administrados.
Temos, pois, Vida despois da Administración os que no catálogo escribimos e nesta mostra figuramos. E esa Vida, vivida, disfrutada, revirte na Administración da que formamos parte, vivificandoa, dándolle alegría e variedade, facéndoa máis humana. Porque o que nos senta ben ós servidores da Administración, seguro que tamén á Administración lle senta ben.
¡Que nos aproveite a todos esta VII Mostra das Artes e das Letras dos empregados da Administración Autonómica de Galicia¡.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES