Eleccións e cuchipandas
Fernández, Suso - lunes, 23 de mayo de 2011
Superado o trauma cívico/electoral, que acabamos de sufrir, e pasará á historia como as eleccións das cuchipandas, dada o prodigalidade coa que se pretendeo encher o bandullo dos honestos cidadáns; tanto que istes non saían do seu asombro, pois tal xenerosidade e largueza, inéditos na crase política, suponse que se trate dun arrouto puntual, inducido polo bó momento económico e social, de euforia e ledicia, que hai que disfrutar.
E mellor é pensar así, pois do contrario poderíase supor que se trataba de estratexias para gañar as vontades das persoas, polo estómago, o que para moitas poidera resultar aldraxante; pero, nada mais afastado da realidade
!!
É unha mágoa que iniciativa tan vulgar, de sutil linguaxe do pesebre, viñese a empañar a deferencia e cortesía, e apoio mútuo, coas que os candidatos redactaron os programas, pois da a impresión de que, antes de exercer as funcións de bó goberno, xa chegaron a acordos. Tanto que, por exemplo, o PP fala dun porto deportivo, e Unifoz xa anuncia que o vai a mellorar Ou sexa, identificación coa idea e ánimo de colaboración...
¿Contemplará a mellora, a eliminación da barra da bocana da ría?. Porque ninguén fala dela; coma se non existira
Qué raro, non?
O PSOE vai crear unha cooperativa agro-gandeira, de tal envergadura, que arranxará o do paro, e o BNG, con clara visión de futuro, proxectou a praza de abastos que, suponse, será a central de venta dos productos da cooperativa
É de supoñer que a praza se ubique pretiño do porto do PP; os que amarren os iates, apenas terán que desprazarse para mercar os productos da cooperativa do PSOE que serán, sen dúbida, de calidade extra, e que levarán o nome de Foz por mares e portos do mundo ¿E quen sabe se, en adiante, non pode ser esa unha importante vía marítima de exportación?..
Xa o temos dito: todo é posible en Hollyfoz. Os tempos esixen o traballo en equipo, solidario e coordinado, e os políticos focegos dan exemplo.¡Parabéns! O futuro do pobo consensuado, diseñado, e garantido, de xeito claro, racional e contundente. Só falta celebralo con unha cuchipanda
ou será con catro?,.

Fernández, Suso